xoves, 11 de marzo de 2021

CLUB DE LETRAS. ACTIVIDADE SOBRE O ALZHEIMER.

     A enfermidade de Alzheimer é un trastorno cerebral progresivo e irreversible que destrúe lentamente a memoria e as habilidades de pensamento e, co tempo, a capacidade de levar a cabo as tarefas máis simples.O resultado é que a persoa enferma ten esquecementos, desoriéntase, deixa de comunicarse e necesita axuda para realizar as súas actividades do día a día.

     Na maioría das persoas con Alzheimer, os síntomas aparecen por primeira vez ao redor dos 65 anos.

     Segundo as estatísticas, en todo o mundo padecen Alzheimer uns 40 millóns de persoas (800.000 en España).

     É unha enfermidade moi dura e complexa, tanto para as persoas que a sufren, como para as súas familias. O 21 de setembro conmemórase o Día Mundial do Alzheimer.

      A primeira actividade que escollemos para iniciar o proxecto do "Club de Letras" é unha fermosa anécdota sobre este mal. Despois de lela, o alumnado con familiares afectados por esta enfermidade, contounos como é o día a día  nos seus fogares. Esperemos que vos guste.









Ningún comentario:

Publicar un comentario