sábado, 22 de outubro de 2022

#DíadasEscritoras

 

-Día das escritoras galegas-

17 de outrubro


Para conmemorar este día, na Casiña de Faiuco iniciamos un maratón literario de tres días.





Selección de libros lista!




Iniciaron o maratón os peques de 3 e 4 anos co conto "Tres desexos" da autora galega Eva Mejunto. 





O grupo de 4 e 5 anos tamén chegou á meta do maratón!
Comenzaron co libro "Tres desexos" de Eva Mejunto, continuaron co conto "Pedra, Pau e Palla" de Ana Presunto e finalizaron co "As redes de Inés" de Elvira Riveiro Tobio. todas Autoras Galegas e todas historias moi divertidas!






Na clase de 1º e 2º curso, a profe María e Mateo, leron xuntos o conto "A Cebra Camila" de Marisa Nuñez, escritora nacida en Sarria. Continuaron coa lectura de "O pescador e a súa muller" de Manuela Rodríguez e, finalizaron co libro "Pedra, pau e Palla" de Ana Presunto. Os narradores? Ulises e Leo!









O alumnado de 3º e 4º curso, estivo así de relaxado e entretido coa súa lectura!
O maratón literario de escritoras galegas segue o seu percorrido!




Clicade na imaxe para ver máis fotos!



En 5º e 6º curso, traballaron co libro "Pioneiras". Coñeceron a historia da "Exeira", a primeira escritora e, María Luz Morales, a primeira directora dun xornal. Tamén comenzaron a ler a obra de Ledicia Costas, "Vampira de biblioteca".





Faiuco feliz con tanto alumnado lector!








Ningún comentario:

Publicar un comentario