Nesta últimas semanas tivemos a visita de varias familias que compartiron un anaco do seu tempo con nós.
Sesións nas que o noso alumnado goza da escoita de historias que veñen de voces coñecidas.
Todo un luxo!
En educación infantil, recibimos a visita da familia de sabela.
A historia de rigoberto contanda nun teatro de sombras.
Autora: Ana Meilán
Ilustradora: Agustina Mattar
En Educación Primaria, os alumnos e alumnas da aula de 2º recibiron a familia de Ainara e a de Hugo Fernández.
Coa familia de hugo, Descubriron porque Armando necesita chorar, pois só así se poden desfacer certos nós.
Autores: Belén Gaudes e Pablo Macía
Ilustrador: Nacho de Marcos
A nai de Ainara, coa súa irmá máis pequena, falaron dos retos do día a día que debemos superar, incluso á hora de comer.
Autor: Pablo Albo
Ilustrador: Andre Letria
O alumnado do terceiro ciclo asistiu ao contacontos da nai de noa. Desta vez sobre unha famosa física "marie curie" para facer fincafé nas mulleres extraordinarias da nosa historia.
Autora: Cristina serret
Un pracer recibirvos na casiña de Faiuco!
Ningún comentario:
Publicar un comentario