luns, 9 de novembro de 2026

Isto vai de contos!

 Como cada semana, o alumnado de infantil visita A Casiña de Faiuco para facer o préstamo de contos e compartir un rato agradable neste espazo.

Encántanos subir á biblio!!😍

Este momento da xornada lectiva é ideal para o seguinte:

🔆 "Contar e ler" contos

🔆Compartimos o traballo do caderniño, prestando atención aos compañiros e compañeiras.


🔆 Xogamos co material que hai na sala 


🔆 Coñecemos a información que recibimos na mochila viaxeira. Falamos do traballo de investigación que fixo cada familia.

🔆 Seleccionamos a nosa próxima lectura, ás veces resulta moi complexo decidirse.


🔆...e moitas máis cousas!!


Mes da Ciencia

 Novembro, mes da ciencia nas bibliotecas escolares

Seguindo o camiño do noso PDI "Enredando por Begonte" imos proporñer ao noso alumnado distintos retos científicos nos que terán que poñer en xogo as súas competencias e destrezas.


Trátase de poñerlle solución a situacións, enmarcadas no Belén de Begonte, empregando a ciencia. 

E como se entende iso de "empregando a ciencia"??

Fácil, a ciencia está no noso día a día e botamos man dela en númerosas ocasións: sacando unha fotografía, facendo torres de equilibrio, camiñando por unha superficie inclinada, facendo a dixestión da merenda, plantando na horta, cociñando...

Por iso, dado un problema e certos materiais deberemos ser capaces de resolver as situacións tan extrañas que ocorren no Belén: rompeu unha ponte, marcharon as cores, rompe o campanario...

Lee con atención cada unha delas e logo pensa como resolver.

👀Ollo!!Recorda o seguinte

Faite preguntas (observa)  ➖ propón unha solución (experimenta) ➖Comproba que estás no certo (analiza)



 







"Como humanistas que
combinamos unha formación especializada na cultura visual e material coa preparación
para comprender os seus contextos, os historiadores da arte podemos proporcionar
saberes e xerar reflexións de longo percorrido, un pensamento lento e demorado, cada
vez máis necesario fronte ao consumo rápido a base de clics".

Jesús Ángel Sánchez García, historiador da arte e investigdor en historia da arquitectura e urbanismo.


venres, 6 de novembro de 2026

A luz da cabaza

Coa chegada do Samaín...

O noso alumnado, na materia de relixión, elaborou unhas lindas cabaciñas para recordar as persoas que seguen vivindo nos nosos corazóns 💗

Unha noite de tradición, misterio e memoria 

No seguinte vídeo podedes ver como alumean as cabaciñas. 


Moitas gracias ás familias por colaborar!!💝


martes, 3 de novembro de 2026

Outra mirada de Begonte

 A semana do 24 ao 31 de outubro celebramos a semana AMI, semana mundial da Alfabetización Mediática e Informacional.

Coa saída das mochilas viaxeiras, polo día das bibliotecas escolares, botou a andar unha actividade que inaugura o noso PDI "Enredando por Begonte".

Trátase dunha actividade para que as nenas e nenos poidan compartir coas súas familias historias da súa contorna a través da búsqueda de información, exploración de espacios, conversas cos maiores ou simplemente saíndo a dar un paseo e fotografando lugares representativos.

Pedimos que as familias sexan un piar fundamental neste proxecto por ser o punto de conexión máis estable coa nosa contorna, sendo un acceso directo á información para o PDI.

Pois ben, comezamos a enredar pedindo que enviedes fotos de lugares de reunión social, construccións importantes para as parroquias, lugares menos coñecidos, fontes con hsitorias, camiños que quedaron esquecidos, persoeiros que deixaron ou deixan pegada nesta terra...


Sacade as mochilas de exploradores e poñede o foco no que chame a vosa atención da contorna.
Esperamos recibir moita información 👌

O papel das bibliotecas escolares debe potenciar as mentes curiosas para que indaguen, busquen, seleccionen, pegunten, observen...

Da información ao coñecemento!!



Cadeira Vermella de Héctor

 Retomamos un ano máis a dinámica da Cadeira Vermella.

Unha actividade enmarcada nas destinadas a animación á lectura na que os máis pequenos contan a historia do conto que levaron á casa ao resto da clase.

Deste xeito favorecemos a expresión oral, melloramos a linguaxe e potenciamos as habilidades comunicativas.

O feito de renarrar a historia contada significa que anteriormente foi comprendida, organizou a información dada e emprega as súas palabras e expresións para transmitirla.

Cantas oportunidades nos regalan os contos!!😍😍

O primeiro en sentar este ano na Cadeira Vermella foi Héctor para contar o conto de "Lúa".

Non perdades estes minutiños de vídeo👇


Moi ben Héctor 😍 esperamos que o seguinte conto che guste tanto.


mércores, 28 de outubro de 2026

Enredando por Begonte

Outubro é o mes das bibliotecas escolares, tempo de presentar o PDI ( proxecto documental integrado) no que vamos a traballar este curso.

...3, 2, 1.. que comece o enredo!!


Unha aventura documental na que a través da nosa contorna, Begonte, poderemos viaxar ao pasado, coñecer tradicións e costumes, afondar no tratamento da información, crear material que poidamos compartir coa comunidade, potenciar a nosa faceta de exploradores..

O obxectivo principal deste proxecto é que o noso alumnado valore o seu patrimonio, lingua e cultura. Fomentar o seu espíritu crítico e favorecer o pensamento computacional para axudarlles a ser cidadáns competentes.

No seguinte vídeo podedes ver as liñas prioritarias deste proxecto e a súa vinculación cos ODS, programas complementarios da biblioteca, actividades AMI/ALFIN, obxectivos... así como un pequeno resumo da presentación que fixo Inma Soto cunha contada moi especial 🌟





Moitas gracias Inma pola túa parada na escola de Begonte para sementar a ilusión e motivación neste proxecto😉

Enredamos xuntos por Begonte?




luns, 19 de outubro de 2026

O Belén á medianoite!

 Xa chega o Samaín!

Como cada curso nestas datas Faiuco prepara un concurso🎃

Parece ser que cada ano o Belén de Begonte inclúe unha nova figura, un feito que xa é unha tradición. 

Así pois, presentamos este concurso para que en familia poidades pasar un bo rato e amosarnos as vosas dotes creativas para fabricar unha figura terrorífica para o Belén.






Atréveste a aceptar o reto?

Esperamos a túa creación antes do 28 de outubro📆

Ahh! Por certo, hai premio🏆