xoves, 31 de xaneiro de 2019

Que ben o pasamos na Prehistoria!


Durante o primeiro trimestre, o noso amigo Faiuco viaxou nada máis e nada menos que ata a Prehistoria, utilizando a súa incrible máquina do tempo. Canto aprendimos grazas ás súas aventuras! Agora contounos que é o momento de seguir percorrendo a liña do tempo e para iso vixaría de novo na súa máquina. A onde irá desta vez a nosa querida mascota da biblioteca?


Tivemos que axudarlle a comprender mellor como era a vida das xentes daquela época e para iso fixemos unha morea de actividades: 

  • Descubrimos as pinturas rupestres e investigamos sobre a cova de Altamira. Despois, fixemos a nosa propia reproducción da mesma no pasillo da Biblioteca.
  • Puxemos en marcha as "mochilas viaxeiras",  que foron para as casas cargadiñas de libros relacionados coa Prehistoria.
  • Investigamos en diferentes soportes as características principais das 3 etapas da Prehistoria: o Paleolítico, o Neolítico e A Idade dos Metais e compartimos as aprendizaxes co resto dos compañeiros/as.
  • Creamos fichas de información de cada etapa en murais e no blogue de aula de 5º e 6º de Primaria, hipervinculadas a un código QR para un acceso máis rápido á información a través de dispositivos móbiles.
  • Fixemos un obradoiro de barro, simulando pequenas pezas de cerámica coma na Idade dos Metais.
  • Acudimos ao cine a ver unha película relacionada coa Prehistoria: "Cavernícola"
  • Elaboramos un photocall para convertirnos en trogloditas.
  • Aprendimos como era a música daquela época e os instrumentos que empregaban para facela.
  • Convertímonos en homes e mulleres Prehistóricos para interpretar unha danza tribal.
Aquí vos deixamos uns vídeos que dan conta de todo o noso facer:



Ningún comentario:

Publicar un comentario