Xa case estamos na Fase 3. Isto vai lento,
pero vai.
Estades portándovos moi ben, así que parabéns e aplausos para vós. Xa queda menos!
Sabedes que eu entérome de todo e ás miñas finas orellas chegaron comentarios de que, moitos e moitas de vós, tedes problemas para durmir, estades nerviosos, preocupados e, incluso, temerosos debido á situación pola que estamos atravesando.
Para axudarvos a solucionar eses e outros problemas, imos probar o mindfulness.
- O mindfulness para nenos e nenas ten como principal obxectivo mellorar algunhas capacidades infantís desde idades temperás, como a empatía, a calma e a xestión das emocións. Tamén axuda a iniciar aos nenos e nenas no mundo da meditación, algo que lles brinda a oportunidade de conectar con eles e elas mesmos. O propósito final desta disciplina é que sexan máis hábiles á hora de desenvolverse na súa contorna.
- O principal beneficio da práctica de mindfulness desde a infancia pode observarse no desenrolo infantil, xa que os exercicios de respiración, meditación e atención plena que se realizan, facilitan o bo desenrolo das capacidades infantís.
A través da práctica de
mindfulness, os nenos e nenas aprenden a estar presentes, a prestar atención, a
empatizar cos demáis e cun mesmo, e a ser amables.
EXEMPLOS DE ACTIVIDADES
Vídeos en youtube (clicade nas imaxes)
TRANQUILOS Y ATENTOS COMO UNA RANA
YOGA CON LA VACA AISHA
Ningún comentario:
Publicar un comentario