- O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Esta data foi establecida pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) en 1972, ano no que tivo lugar a Conferencia de Estocolmo, cuxo tema principal foi, precisamente, o medio ambiente.
- O seu obxectivo é sensibilizar a tódolos habitantes do planeta en temas ambientais.As actividades humanas levan décadas alterando o planeta e causando unha perda da biodiversidade nunca vista ata agora: incendios forestais devastadores, derretemento do xeo dos glaciares ou tala excesiva de bosques, son só algunhas das terribles catástrofes provocadas pola acción humana.Como consecuencia destes sucesos, elixiuse como lema deste ano 2020: "Celebrando a biodiversidade"
A BIODIVERSIDADE ou, o que é o mesmo, a variedade de seres vivos do planeta, é base de toda a vida na Terra.A biodiversidade é, actualmente, un gran motivo de preocupación mundial en materia medioambiental, xa que poder dispor de auga limpa, aire puro, alimentos nutritivos, etc.dependen totalmente dela.
- Cada ano,un país diferente convértese en anfitrión do Día Mundial do Medio Ambiente.En 2020 tócalle a Colombia.
- Nestes vídeos atoparás máis información sobre as consecuencias que a destrución da biodiversidade está provocando.
A biodiversidade e os coronavirus https://youtu.be/aach4X6CGtI
Coronavirus -A message from nature https://youtu.be/2rr7u04m5Nc
(en inglés)
- Canto sabes sobre biodiversidade? Atrévete con este test (en inglés).
Nestes enlaces atoparedes ideas para facer manualidades respetuosas co medio ambiente.
https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/manualidades-para-ninos/manualidades-con-materiales-reciclados/
https://www.educo.org/Blog/Reciclaje-actividades-y-manualidades-para-ninos
https://www.serpadres.es/3-6-anos/ocio-infantil/fotos/manualidades-para-ninos-con-material-reciclado/13
- E aquí poderedes ver varios documentais que non vos deixarán indiferentes.
- Una maneira moi fácil de axudar a coidar o medio ambiente, é usar ecosia.org como buscador.Soamente tes que descargalo no teu dispositivo electrónico e poñerte a navegar.Cada vez que o fagas, estarás axudando a plantar árbores.
https://www.ecosia.org/
Ningún comentario:
Publicar un comentario