domingo, 5 de xullo de 2020

Contaxio: Un conto didáctico e emocional en tempos da COVID-19


     Desde UNICEF Galicia, lanzouse  "Contaxio", un conto didáctico e emocional en galego dirixido á infancia e a adolescencia de Galicia, pero tamén á poboación adulta.

     Esta iniciativa xorde en colaboración coa actriz e presentadora Lucía Regueiro, amiga de UNICEF Comité Galicia e como resultado temos "Contaxio" , un conto colaborativo creado por María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso, con ilustración de Leandro Lamas e edición de Lucía Rodríguez.

     A historia é unha viaxe polo dicionario no que descubrimos como sente a palabra "contaxio" e no que imos coñecendo  a súa relación con outras palabras como "medo", "inxustiza" ou "pobreza", pero tamén as oportunidades que lle brindarán "vacina", "medicina" ou "investigación".

     Un amplo elenco de actrices e actores de Galicia quixeron participar nesta iniciativa poñendo a súa voz: Xúlio Abonjo, Miguel Canalejo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Federico Pérez, Lucía Regueiro, Beatriz Serén e María Vázquez.

                                                      https://youtu.be/_-wZLkv6xzk

      
                        Máis información:

                                    https://www.unicef.es/gal/educa/biblioteca/contaxio