Iniciamos as Xornadas de formación con Rosa piquín, propulsora dos Proxectos documentais integrados (PDI).
A longo dos anos, a súa proposta foi asentándose e fortalecendo un modelo de ensino acorde á sociedade actual.
Tal como explica, os PDI, son proxectos porque se desenvolven mediante unha metodoloxía activa e colaborativa. Son documentais, porque a partir dos fondos que atesouran as nosas bibliotecas escolares, os nenos e nenas constrúen o seu coñecemento, son capaces de ser creativos e de comunicar o que entenden. E son integrados porque ademais permiten integrar aprendizaxes de diferentes disciplinas e serven para achegar o mundo escolar a vida diaria.
Todo o equipo da biblioteca estivo presente nestes días de formación.
Moitísimas grazas Rosa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario