sábado, 12 de febreiro de 2022

11F Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia II



O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, proclamado pola ONU no ano 2015.

O obxectivo principal deste día tan especial é lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e as nenas no mundo da ciencia e a tecnoloxía e desta maneira romper coa brecha de xénero.




Actualmente, nalgúns países do mundo, existe unha loita de xéneros, onde aínda á muller négaselle a participación en disciplinas como a tecnoloxía, as ciencias ou as matemáticas, só por enumerar algunhas.

O alumnado da nosa escola, traballou esta conmemoración con distintas actividades.

Os nenos e nenas de 3 anos, escoitaron o conto de Dian Fossey, fixeron un mural coas súas mans e coas dos gorilas. Viron tamén, por primeira vez, un microscopio e fixeron algúns experimentos.




En 4 anos, investigaron e ilustraron a Gertrude Elión, unha farmacéutica que descubriu medicamentos para moitas enfermidades. Coñeceron a súa historia e fixeron un pequeno experimento con auga e bicarborato.





En 5 anos, tamén traballaron con Gertrude Elión! Ilustrárona e investigaron a súa vida. Escoitemos o resumo!




No grupo de 1º e 2º, investigaron a catro mulleres importantes relacionadas coa astronomía (Vera Rubin), as matemáticas (Maryam Mirzakhani) e a ciencia (Rosalind Franklin e Hipatia de Alejandría).



No grupo mixto de 3º e 4º, investigaron sobre científicas galegas: Isabel Zendal, Ángeles Alvariño e Antonia Ferrín.




No mesmo grupo, na área de Música, investigaron sobre Daphane Oram, enxeñeira de son, primeira DJ da historia!



En 5º curso, investigaron sobre mulleres científicas relacionadas co medio ambiente e a saúde (obxectivos da Axenda 2030), elas son: Isabel Morgan, Margarita Salas, Alice Catherine Evans, Florence Nightingale, Rachel Carson, Janaki Ammal, June Ameida e Gerty Cori. Elaboraron uns lapbooks con toda a información recollida e aprenderon a facer códigos QR.



Dende o grupo de 6º, contribuíron ao mural colaborativo cunha investigación sobre youtubers científicas. Tres mulleres con formación científica que encamiñaron a súa carreira á divulgación e que hoxe comparten o seu coñecemento desde a súa canle de Youtube: La Hiperactina, Deborahciencia e Antroporama.



Exposición das investigacións de Educación Primaria.


Parabéns polo voso traballo!
E lembremos as palabras da médica Rita Levi...




Ningún comentario:

Publicar un comentario