xoves, 7 de abril de 2022

2A Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo - I parte -

 Con distintas actividades ao longo do mes de abril, nas nosas aulas traballaremos a concienciación sobre o autismo seguindo a campaña da Federación Española de Autismo:




Teranse en conta os coñecementos previos do alumnado, faranse distintas tarefas de investigación, visionado de vídeos, lectura de libros e exposicións.

Os nenos e as nenas de 3 anos, coñeceron cousas sobre o autismo que lles contou "Caillou" e debuxaron aquelas cousas que lles fan felices. 






En Educación Primaria, dende as sesións de Competencia Emocional, fixeron unha "Choiva de ideas" sobre o autismo e logo visionaron o vídeo "Suceden Cosas Asombrosas (Entendiendo el Autismo)" e poideron comparar o que sabían e o que é en realidade. Así comprenderon que o autismo é Unha forma única de ver o mundo




E así, pasiño a pasiño, o noso mural vai medrando e nós imos entendendo que hai persoas con capacidades diferentes e que hai que comprendelas, coidalas e incluílas.










 Seguiremos avanzando!

  


Ningún comentario:

Publicar un comentario