martes, 17 de maio de 2022

17M Día das Letras Galegas





Hoxe, 17 de maio, Día das Letras Galegas. Alén da importante posta en valor da vida e obra da persoa homenaxeada cada ano (desta volta, Florencio Delgado Gurriarán), este é o día para reivindicar que o galego é unha construción colectiva milenaria, un tesouro patrimonial a defender, coidar e promover e tamén unha lingua viva, perfectamente válida para calquera uso no tempo presente. Pero a diferenza doutros bens do noso patrimonio, a conservación e supervivencia da Lingua non pasa por encerrala nun museo; senón por seguir facendo dela un vehículo para a comunicación, para a información, para a ciencia, para a festa e tamén para a nosa identidade.
Cómpre seguir berrando con Cunqueiro que queremos "mil primaveras máis" para a lingua galega, porque queremos e porque temos dereito.

"Todos os días son Días das Letras Galegas".

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario