Rodamos con Faiuco!
Hoxe, 25 de outubro, no día das bibliotecas escolares, inauguramos o Proxecto Documental Integrado da man do noso trasno!
fixemos un Breve percorrido sobre a cultura cinematográfica e a linguaxe audiovisual.
Destacamos algúns xéneros como a comedia e animación e fixemos fincapé nos inicios do cine coa proxección de curtos como os de Laurel and Harry, Charles Chaplin e Mickey Mouse nos inicios do cine mudo e en branco e negro.
As risas chegaban a todos os recunchos da nosa biblioteca!
Pasamos á animación con o Pato Donald, Piolín e Tom and Jerry, pero xa con cores e sons.
A festa animábase cada vez máis!
Destacamos a importancia dos efectos especiais e das bandas sonoras así como tamén a importancia dos documentais para coñecer e para reflexionar.
Faiuco deixounos unha mensaxe e invitounos a xuntos investigar, descubrir e compartir todo o que esta arte do cine nos ofrece.
Se ben este proxecto naceu das inquedanzas dos nenos e nenas do noso cole, a decisión de traballar esta linguaxe está enfocada cara os seguintes obxectivos:
- fomentar a alfabetización visual, como as imaxes e os sons se utilizan para contar historias e transmitir información.
-Promover a creatividade.
- Experimentar coa creación de películas, dende a escritura de guións ata a produción e edición.
- Desenvolver habilidades narrativas.
-fomentar o pensamento crítico.
-Promover a empatía e a comprensión cultural.
-Fomentar a apreciación das artes visuais.
-Mellorar as habilidades de comunicación.
-Potenciar o traballo en equipo.
-Promover a diversidade e a inclusión.
Como vedes, son numerosos os beneficios de introducir o cine no currículo.
Invitámosvos a participar e a compartir con nós esta nova aventura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario