A radio, un século informando, entretendo e educando.
Con motivo do Día Mundial da Radio, a UNESCO publica unha serie de audios históricos (en inglés e con explicacións en español).
Nós compartimos o seguinte:
E tamén nos sumamos a esta conmemoración coa posta en marcha de radio corpiño!
a nosa radio xa está no aire cun novo podcast!
Un recurso máis para "A casiña de faiuco".
o profesorado xa fixo a súa formación en radio e agora é a quenda do noso alumando.
Comezamos gravando un podcast cos relatos gañadores do concurso de relatos cortos e palabrerías.
Se non tivestedes ocasión de escoitalo, aquí tedes o enlace
https://go.ivoox.com/rf/124717147
Ben, pois despois desta boa experiencia, debemos de afondar máis no tema cun "Obradoiro de Radio" dirixido ao alumnado dos grupos de 3º/4º e de 5º/6º de EP.
Da man de Sergio Pascual, xornalista de diferentes medios de comunicación Como Radio Nacional de España ou Europa Press, abordaron cuestións relacionadas coa linguaxe e a creación dun contido radiofónico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario