martes, 5 de marzo de 2024

Visitas "científicas" para visibilizar o 11F

- Experimentos na escola -

O alumnado de Educación Infantil gozou de tres sesións moi amenas da man de familias que propuxeron experimentos moi chulos.

Tal como anunciáramos, o obxectivo de planificar estos obradoiros é que os máis pequenos relacionen a ciencia coa vida cotiá. Aproveitamos o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia para, precisamente, achegar aos nenos e nenas a este ámbito da man das súas familias.

Fixéronse tres experimentos moi diversos dende fabricar pintura ata observar a eficacia do xabón, pasando polo magnetismo.

💨Creamos pintura caseira con ingredientes e obxectos da nosa vida cotiá: fariña, auga, colorante alimenticio e unha fonte de calor, neste caso un ornillo.

Con moita paciencia e seguindo os pasos logramos unha pasta cunha textura moi suave que deixaba que debuxásemos no papel.

💨Logo, xogamos con imáns e vimos que dependendo de como os coloquemos pode ser que se queiran moito ( acábanse xuntando) ou que se odien ( afástanse). Descubrimos deste xeito a forza que exercen os polos.

Ademais, se colocamos nun recipiente auga e colocamos o imán nunha base que flote e acougamos un anaco, este indica onde está o Norte.

💨Finalmente, quedounos moi claro que hai que lavar as mans con auga e xabón. Aínda que ás veces non somos capaces a velos, temos moitos xérmenes e precisamos do xabón para defendernos deles. 

Vímolo perfectamente ao deixar caer unhas cantas gotas de xabón nun prato que tiña pementa, a modo de bechos e bacterias, íanse todas a beiriña.



Experimento coa nai de Erea, de 4 anos, observando a reacción do Imán.



Sesión coa familia de Leire, de 5 anos, facendo pintura.



Proba da eficacia do xabón coa nai de Mía, 3 aniños.



      


Ningún comentario:

Publicar un comentario