Artai, de 3 aniños, tamén participou na dinámica da Cadeira Vermella 😊
Conta a historia de Cocorico, coñecida por todos e todas pero cun ton especial e unha narración envexable.
Pídovos que dediquedes un anaquiño a escoitalo 🔊
Cada vez que un neno ou nena pide sentar na cadeira vermella para contar unha historia é un paso máis para a formación de verdadeiros lectores e lectoras😍
Observar e sentir de primeira man o gusto polos contos, por contalos e tamén por escoitalos por parte das nenas e nenos; pasando pola satisfación de ver ao grupo respectando a quenda do compañeiro e rematando por as melloras que supón na súa expresión oral e na "superación" da vergoña é un logro dun traballo colaborativo entre a escola e as familias👌
Un gusto escoitarte Artai😀