Durante a semana pasada levamos a cabo numerosas actividades no centro para conmemorar a celebración do Día das Letras Galegas, adicado neste ano 2016 ao gran escritor da Terra Chá, Manuel María.
Os nenos e nenas de Educación Primaria levaron a cabo varias actividades de investigación, procurando información sobre a vida e obra de Manuel María en diversos carteis colgados nas escaleiras do colexio. Tamén houbo tempo para realizar un bonito mural no recibidor do centro.
Na biblioteca escolar os nenos e nenas presentaron a biografía e recitaron numerosos poemas, algúns deles relacionados co proxecto documental integrado que estamos a desenvolver este ano (Faiuco é astronauta), como o que Manuel María lle adicou ó astro rei: "O sol".
Incluso algúns atrevéronse cunha orixinal versión de Rap do poema "O cuco":
Ningún comentario:
Publicar un comentario