O Club de Letras é un proxecto de innovación educativa convocado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, co obxectivo de potenciar o emprendemento e o pensamento crítico e creativo na área das Humanidades,as Artes e as Ciencias Sociais.
Fundaméntase nunha metodoloxía baseada na descuberta, na indagación, no intercambio de ideas, na lectura reflexiva, na análise crítica, na creación e na aprendizaxe colaborativa.
Para o curso 2020/2021 o tema escollido é O COIDADO.
Participamos 4º e 5º de Educación Primaria, así como a súa titora, o mestre de Ciencias, a mestra de PT e a mestra de Inglés.
Escollemos como subtema "O coidado durante a pandemia".
Para traballalo, temos preparadas diversas actividades que iremos subindo aquí.
Esperamos que vos gusten.
Ningún comentario:
Publicar un comentario