luns, 21 de febreiro de 2022

21F Día Internacional da Lingua Materna


Para máis información clicade na imaxe!
 

Hoxe celébrase o Día Internacional da Lingua Materna ou lingua inicial. Unha conmemoración establecida pola UNESCO para chamar a atención sobre a situación de moitas linguas minorizadas no mundo -entre elas, o galego-,  reivindicar a diversidade lingüística e o dereito á lingua propia. 

Dende a nosa escola, propoñémosvos unha 

 "Cadea de brincadeiras"

 Se es unha das persoas retadas, que tes que facer?

- Entrar na seguinte ligazón:

https://www.lingua.gal/recursos/para-medrar-en-galego/_/promovelo/contido_506/brincadeiras-lingua-migallas-teatro

- Escoller algúns dos enredos que alí se propoñen ou algún outro similar que coñezas.

- Gravar un vídeo en solitario ou acompañado de quen ti queiras e no final do mesmo retar a outras tres persoas da comunidade educativa (nenas e nenos, familias, mestres, etc.).

- Enviar o teu vídeo por whatsapp ao número 669 00 54 47.

Os distintos vídeos dos retos irán sendo subidos ao canle Youtube do colexio e publicados no meu blog  "A Casiña de Faiuco"


PERMANECEDE Á ESPREITA E...

ANÍMADEVOS A PARTICIPAR!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario