Este ano non puidemos percorrer as rúas da vila, así que tivemos que conformarnos cun desfile no pavillón do cole.
Mirade con que arte lucimos os disfraces de volantes, pantallas, damas e galáns, cigarróns e osos de Salcedo.
Este ano non puidemos percorrer as rúas da vila, así que tivemos que conformarnos cun desfile no pavillón do cole.
Mirade con que arte lucimos os disfraces de volantes, pantallas, damas e galáns, cigarróns e osos de Salcedo.
O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra cada ano o 11 de febreiro, foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o apoderamento das mulleres e as nenas. Este Día é un recordatorio de que as mulleres e as nenas desempeñan un papel fundamental nas comunidades de ciencia e tecnoloxía e que a súa participación debe fortalecerse. A celebración deste día está dirixida pola UNESCO e ONU-Mulleres, en colaboración con institucións e socios da sociedade civil que promoven o acceso e a participación de mulleres e nenas na ciencia.
A ciencia e a igualdade de xénero son fundamentais para o desenvolvemento sostible. Aínda así, as mulleres seguen atopando obstáculos no campo da ciencia: menos do 30% de investigadores científicos no mundo son mulleres.
O venres 12 de febreiro de 2021 ás 12:00 h., podedes escoitar unha charla a cargo de dúas enxeñeiras de Airbus, a maior fabricante de avións e equipos aeroespaciais do mundo.
En directo e en aberto a través de www.facebook.com/muncyt
Máis información neste enlace:
O curso pasado visitounos Braulio dos Bolechas.
Braulio fíxose youtuber e veu presentarnos o seu programa.
Falamos da prensa e pasámolo moi ben.
E sabedes o mellor? Saímos na TVG!
Mirade que riquiños ...😍😍
.http://www.crtvg.es/infantil/programas/braulio-tuber/braulio-tuber-iii-143-4747249
Hoxe, 23 de xaneiro, celébrase o Día Mundial da Escritura a Man.
Recordemos por que é importante a escritura caligráfica.
https://www.20minutos.es/noticia/4552947/0/por-que-es-bueno-que-nuestros-hijos-escriban-a-mano/
O Club de Letras é un proxecto de innovación educativa convocado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, co obxectivo de potenciar o emprendemento e o pensamento crítico e creativo na área das Humanidades,as Artes e as Ciencias Sociais.
Fundaméntase nunha metodoloxía baseada na descuberta, na indagación, no intercambio de ideas, na lectura reflexiva, na análise crítica, na creación e na aprendizaxe colaborativa.
Para o curso 2020/2021 o tema escollido é O COIDADO.
Participamos 4º e 5º de Educación Primaria, así como a súa titora, o mestre de Ciencias, a mestra de PT e a mestra de Inglés.
Escollemos como subtema "O coidado durante a pandemia".
Para traballalo, temos preparadas diversas actividades que iremos subindo aquí.
Esperamos que vos gusten.