martes, 8 de setembro de 2020

VOLTA AO COLE!



Ola nenos e nenas!

Por fin chegou o momento que levades esperando tanto tempo:

A VOLTA AO COLE!

 

     Como vedes, xa estou preparado coa máscara e o xel hidroalcohólico para empezar este curso tan extraordinario. 

Hai moitas novidades que axiña ides coñecer.

Mentres tanto, podedes ler estes contiños:


 









domingo, 5 de xullo de 2020

Contaxio: Un conto didáctico e emocional en tempos da COVID-19


     Desde UNICEF Galicia, lanzouse  "Contaxio", un conto didáctico e emocional en galego dirixido á infancia e a adolescencia de Galicia, pero tamén á poboación adulta.

     Esta iniciativa xorde en colaboración coa actriz e presentadora Lucía Regueiro, amiga de UNICEF Comité Galicia e como resultado temos "Contaxio" , un conto colaborativo creado por María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso, con ilustración de Leandro Lamas e edición de Lucía Rodríguez.

     A historia é unha viaxe polo dicionario no que descubrimos como sente a palabra "contaxio" e no que imos coñecendo  a súa relación con outras palabras como "medo", "inxustiza" ou "pobreza", pero tamén as oportunidades que lle brindarán "vacina", "medicina" ou "investigación".

     Un amplo elenco de actrices e actores de Galicia quixeron participar nesta iniciativa poñendo a súa voz: Xúlio Abonjo, Miguel Canalejo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Federico Pérez, Lucía Regueiro, Beatriz Serén e María Vázquez.

                                                      https://youtu.be/_-wZLkv6xzk

      
                        Máis información:

                                    https://www.unicef.es/gal/educa/biblioteca/contaxio

martes, 23 de xuño de 2020

As tradicións de San Xoán

          Hoxe celebramos a noite máis máxica do ano: 

                 a    Noite Meiga

                                               ou   Noite de San Xoán.




     






       
Nestes enlaces podedes informarvos sobre a orixe desta celebración e as súas tradicións máis importantes.


 https://blog.mundo-r.com/gl/xente/tradicions-de-san-xoan













https://galiwonders.com/es/blog/la-noche-de-san-juan-la-galicia-mas-magica/





https://galiciangarden.com/las-siete-hierbas-de-san-juan/










luns, 22 de xuño de 2020

#NON O TIRES POLA BORDA

     Nenas e nenos tivestes unha conduta exemplar durante a pandemia da COVID-19.

     Este cómic axudaravos a recordar todo o que debedes ter en conta á hora de saír da casa.






Este libro de actividades tamén vos pode axudar.
Podedes descargalo no enlace.






https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov-China/ciudadania.htm










domingo, 14 de xuño de 2020

PRÉSTAMO DE LIBROS PARA O VERÁN

               Estimadas familias,


     Sabedes que a lectura é moi importante.Sempre estamos insistindo en que os nenos e nenas lean un pouco todos os días porque, ademais de desfrutar coas emocionantes historias que contan os libros, axúdalles a mellorar a ortografía,a comprensión, a ampliar o vocabulario, etc.


     Por iso, imos facer préstamos dos exemplares que temos na biblioteca do cole para as vacacións de verán, os cales se interromperon debido ao estado de alarma.

     As familias interesadas en coller prestados libros, deberán comunicalo ás titoras respectivas (a través de WhatsApp ou do correo electrónico) para organizar a entrega o mellor posible.












sábado, 6 de xuño de 2020

MINDFULNESS PARA NENOS E NENAS

      Ola a todas e a todos!

      Xa case estamos na Fase 3. Isto vai lento, pero vai.

     Estades portándovos moi ben, así que parabéns e aplausos para vós. Xa queda menos!

     Sabedes que eu entérome de todo e ás miñas finas orellas chegaron comentarios de que, moitos e moitas de vós, tedes problemas para durmir, estades nerviosos, preocupados e, incluso, temerosos debido á situación pola que estamos atravesando.

     Para axudarvos a solucionar eses e outros problemas, imos probar o mindfulness. 
       
  • O mindfulness para nenos e nenas ten como principal obxectivo mellorar algunhas capacidades infantís desde idades temperás, como a empatía, a calma e a xestión das emocións. Tamén axuda a iniciar aos nenos e nenas no mundo da meditación, algo que lles brinda a oportunidade de conectar con eles e elas mesmos. O propósito final desta disciplina é que sexan máis hábiles á hora de desenvolverse na súa contorna. 




  • O principal beneficio da práctica de mindfulness desde a infancia pode observarse no desenrolo infantil, xa que os exercicios de respiración, meditación e atención plena que se realizan, facilitan o bo desenrolo das capacidades infantís.

A través da práctica de mindfulness, os nenos e nenas aprenden a estar presentes, a prestar atención, a empatizar cos demáis e cun mesmo, e a ser amables.




EXEMPLOS DE ACTIVIDADES

Vídeos en youtube (clicade nas imaxes)



TRANQUILOS Y ATENTOS COMO UNA RANA



YOGA CON LA VACA AISHA