domingo, 22 de setembro de 2019

CANTO APRENDIMOS SOBRE O ANTIGO EXIPTO!



Durante o segundo trimestre, o noso amigo Faiuco viaxou nada máis e nada menos que ata o Antigo Exipto, utilizando a súa incrible máquina do tempo. Canto aprendimos grazas ás súas aventuras! 

Tivemos que axudarlle a comprender mellor como era a vida das xentes daquela época e para iso fixemos unha morea de actividades: 

  • Descubrimos a linguaxe en xeroglífico. 
  • Decoramos o pasillo como unha auténtica tumba exipcia chea de xeroglíficos e imaxes do faraón.
  • Seguimos coas "mochilas viaxeiras", que foron para as casas cargadiñas de libros relacionados co Antigo Exipto.
  • Investigamos en diferentes soportes as características principais do Antigo Exipto e compartimos as aprendizaxes co resto dos compañeiros/as.
  • Fixemos un obradoiro de papiro, escribindo neles o noso nome en xeroglífico.
  • Traballamos as pirámides desde as matemáticas, construimos unha con caixas de zapatos e investigamos o seu significado para os antigos exipcios.
  • Aprendimos como era a música daquela época e os instrumentos que empregaban para facela.
  • Convertímonos en homes e mulleres do Antigo Exipto polo Entroido.
Aquí vos deixamos uns vídeo-resumo que dan conta de todo o noso facer:


Ningún comentario:

Publicar un comentario