luns, 23 de setembro de 2019

FAIUCO NA ANTIGA ROMA!


Durante o terceiro trimestre, o noso amigo Faiuco viaxou nada máis e nada menos que ata a Antiga Gallaecia, utilizando a súa incrible máquina do tempo. Canto aprendimos da cultura Castrexo-romana! 

Tivemos que axudarlle a comprender mellor como era a vida das xentes daquela época e para iso fixemos unha morea de actividades: 
  • Decoramos o pasillo cunha maqueta xigante dun poboado castrexo que elaboramos entre todos os cursos
  • Seguimos coas "mochilas viaxeiras", que foron para as casas cargadiñas de libros relacionados coa Antiga Roma.
  • Investigamos en diferentes soportes as características principais da sociedade castrexo-romana e compartimos as aprendizaxes co resto dos compañeiros/as.
  • Fixemos unha exposición de traxes castrexos na biblioteca do cole.
  • Aprendimos como era a música daquela época e os instrumentos que empregaban para facela.
  • Viaxamos ata o veciño Concello de Lugo onde coñecimos moitos monumentos e visitamos a festa de recreación castrexo-romana "Arde Lucus", onde nos sentimos como verdadeiros habitantes da antiga Lucus Augusti.
Aquí vos deixamos uns vídeo-resumo que dan conta de todo o noso facer:

Ningún comentario:

Publicar un comentario