xoves, 27 de novembro de 2025

Camiñando cara a igualdade

 O martes 25 de novembro pisamos forte contra a violencia💜

Rexeitamos calquera tipo de violencia e por iso queremos que todas e todos escollamos o bo camiño; o do respecto, empatía, xustiza, paz, amor, cariño... que nos guía cara o bo trato.

Porque a igualdade non é unha meta, é o camiño que construímos xuntos e xuntas, pasiño a pasiño, desde as nosas aulas.

Celebramos un acto diante do Concello que comezaba cun manifesto feito polos maiores do cole onde apelaban ao respecto.  Logo, pisamos con forza as frases ou palabras que tanto repugnamos sobre a violencia física, psicolóxica, sexual, dixital... e para terminar colocamos os zapatos morados coas sinais que indican o camiño que debemos de seguir.

Neste pequeno vídeo podedes ver o resumo desta iniciativa 


💜👣💜👣💜👣💜👣💜👣

Nós xa escollemos o camiño a seguir, e ti??



luns, 24 de novembro de 2025

Formación audiovisual II

 O alumnado do terceiro ciclo de Educación Primaria segue a participar nas sesións de formación sobre gravación e edición de curtas📹

Na sesión do pasado venres tocou saír ao exterior, gravaron no propio Belén. 

A intención é potenciar e mellorar o seu manexo e dominio con certos dispositivos para recoller material para a posterior fase. 

Tiveron que poñer en práctica o aprendido sobre a escolla de planos, personaxes, trama, diálogo...

Deixamos por aquí unhas cantas fotos da xornada de gravación





Graciñas Begoña por sabernos guiar tan ben 😊

A Cadeira Vermella

 O alumnado de Educación Infantil segue a empregar a Cadeira Vermella para renarrar as historias dos contos que levan prestados as súas casas🏠

Unha práctica que axuda aos máis pequenos a adquirir un gusto pola lectura, desenvolver destrezas na oratoria, aumentar o seu vocabulario, axuda a integrar o paso do tempo a través do devir da historia que contan, potencia a escoita activa e axúdalles a mellorar a súa expresión oral.

Asemade é o agrado deles contar contos, gústalles ser escoitados e narrar historias que saben.

Velaquí un adianto da primeiras intervencións.

Fixérono xenial 😍!! 

Aproveitamos a nosa sesión na biblio para escoller novos contos pero tamén para compartir as aventuras cos demais compis.

O álbum ilustrado triunfa sempre 👌

mércores, 19 de novembro de 2025

III Congreso de Benestar e Convivencia

Estratexias e recursos para crear centros seguros, diversidade e inclusión, actuación do centro educativo fronte á violencia contra a infancia e adolescencia, estes e outros temas foron abordados no III Congreso para coordinadores e coordinadoras de benestar e convivencia onde parte do equipo da nosa biblioteca participou en prol dunha escola de calidade, inclusiva e comprometida.






"Un aula llena es un cuerpo vivo. Su cabeza piensa si transmitimos el sentido de lo que pedimos; su corazón late y se compromete si cuidamos del vínculo; sus manos actúan si les damos un modelo que puedan imitar, y sus pies sostienen el camino si vamos a su lado.
Los límites no nos frenan nos protegen mientras aprendemos a movernos en el mundo por nosotras mismas"

Palabras de Sara Desirée Ruíz, Educadora Social especialista en adolescencia.




Formación audiovisual

 Durante tres venres deste mes de novembro o alumnado de 5º e 6º EP participa nunha formación de creación e edición de vídeo📹

Froito dunha colaboración da nosa escola co Belén de Begonte nacen estas xornadas audiovisuais, coa finalidade de darlle ferramentas ao noso alumnado para participar no Certame Audiovisual que organizará o Belén de Begonte na próxima tempada.

Unhas sesións moi entretidas na sala de robótica a cargo de Begoña Pérez. Puideron achegarse un pouquiño máis á produción, edición e gravación dunha curta; comezando por distinguir os tipos de planos que hai e como empregalos na escena. 

Velaquí algunhas fotiños que rescatamos do blogue dos maiores do cole "terceiroCICLO" sobre a xornada do pasado venres.



Na próxima sesión, máis 😄!!


luns, 17 de novembro de 2025

Seguimos....colle a cámara!!

 Se aínda non fuches quen de conseguir a túa mellor foto para o concurso de FOTOTRAMPEO 📷, imos axudarche!👥

Faiuco fixo unha escolma de algunhas fotos que poderían ser boa opción, bótalles un ollo 👀


Fíxate, detrás das follas podes atopar algún vermiño interesante.


Estes bechos tan pequenos e traballadores xa estarán ben agochados, ou viches algunha despistada?


En lugares húmedos se levantas algunha pedra seguro que atopas miñocas.


Se cadra podes enganar algunha mosca, das poucas que quedan neste tempo, para sacar unha boa foto.


Tes algunha idea xa❔

Estou convencida de que si, veña colle as botas de auga e a cámara e sae dar un paseo

Bulide!!




martes, 4 de novembro de 2025

Fototrampeo

 Novembro, mes da Ciencia en galego 💙

"As bibliotecas son parte esencial deste ecosistema: non só como espazos físicos, senón como nodos de encontro, conexión social e aprendizaxe permanente. A súa transformación social e dixital facilita que o coñecemento circule, que a ciencia se comparta e que máis persoas participen activamente, proporcionando as ferramentas para seguir aprendendo, cuestionando e creando" 

palabras de Concepción Paz Penín 

Ditas verbas definen a esencia deste III Concurso de Ciencia e Fotografía, pois trata de conectar a Ciencia, vista dende o eido fotográfico co proceso de observación dun ser vivo. O que nos vai permitir coñecer máis aos bechos que nos rodean e aprender a observar e rexistar datos, neste caso coa axuda da fotografía.

Unha iniciativa máis da Casiña de Faiuco para avanzar no noso proxecto "Que animalada!" da man da fotografía. 

Anímate a participar, tes todo o mes para facelo. 

Abre ben os olliños 👀 que animais miúdos ves?

Velaquí as bases do concurso👇👇



Esperamos as túas fotos, participa!!