luns, 19 de xaneiro de 2026

Grafismo con elementos

 ...como é o seu corpo? é suave? que cores teñen? quedan sen pelo?

E así xorde unha actividade de grafismo con distintos elementos para representar o corpo dalgúns deles.

Plumas, algodón, papel celofán, cartolina, lá...

🐦 plumas de moitas cores ou só de unha.

🐑 Pelaxe suave 

🐅 a raias ou con manchas

🐟 pel fría ou quente

🐕 renovan a súa pelaxe?

Representación do corpo dos animais, ao miúdo.





Quedou exposto no corredor da biblio!!

Que animalada de contos!!

 O alumnado de Educación Infantil está a facer un gran traballo cos contos que teñen como protagonistas animais🐅🐄🐃🐍🐙🐞🐟🐨

E será por contos, na Casiña de Faiuco hai unha morea deles😀

Remataron o primeiro trimestre con grandes historias de animais na cabeza, uns que fan as mellores sopas, outros que viven aventuras, outras que desaparecen no camiño, uns que viven en lugares moi fríos outros na selva, uns que se extinguiron ... 

Ah!! por suposto tamén traballaron con libros divulgativos para saber máis dos animais; como viven, de que se alimentan, como é a súa boca, o seu corpo, a quen temen, como se camuflan...

Entre eles, "Adivina lo que como" que nos abriu as portas á alimentación dos animais e nos permitiu coñecer máis a algúns deles, en concreto aos coellos, ratóns e osos.




Tamén había menús moi suculentos😋

Deixamos por aquí algunha foto da actividade👀




E seguindo coa mesma dinámica, imos coñecer máis as nosas mascotas de aula: Nuba, Repincho e Chispitas

De que se alimentan? Como é o seu corpo? Que lles gusta facer?


Velaquí, o caso de Chispitas 

Cada neno/a debuxou o esquío e anotou o que investigamos. Tomamos como referencia o que contaron as familias na mochila viaxeira, o que sabíamos dos contos e máis o que observamos na contorna.




Moi bo traballo nenos/as 👌

venres, 16 de xaneiro de 2026

Reto 2 de Faiuco

O noso polo creativo segue activo e Faiuco propón outro reto máis, desta vez achegámonos aos circuítos🔌 

O obxectivo desta actividade é que o noso alumnado traballe, dun xeito manipulativo e adaptado a súa idade, o concepto de circuíto pechado.

No caso de EP os escolares traballarán cos kits reais que temos no noso polo, e no caso de EI axudarémonos das pezas Lego para que sexa máis visual a actividade.

Para este reto debemos ter presente o seguinte:

Un circuíto eléctrico é un camiño polo que circula a electricidade.

 Para que funcione:

👉 Ten que estar pechado, sen cortes.

👉 A corrente sae polo polo positivo, percorre os compoñentes, e regresa polo polo negativo.

👉 Se algo queda mal conectado, a corrente non pode volver ao inicio e o circuíto non funciona.

Todo isto implica a manipulación de cables, comprobación de luces leds, interruptores, motores... por iso este reto  desenvolverémolo nas sesións lectivas coa mestra.

Para adaptar a actividade, que todos os nenos e nenas poidan participar e comprender os conceptos, creáronse  cinco historias nas que hai que axudar aos personaxes a crear os seus camiños.

Todo listo na Casiña de Faiuco para comezar a traballar 👌


Nos vindeiros días amosaremos o proceso deste reto 2

xoves, 8 de xaneiro de 2026

Xornadas Radio na Biblio

 Radio Corpiño seleccionado para participar nas Xornadas de Radio na Biblio📻

O alumnado de 5º e 6º tivo a honra de asistir, o pasado 18 de decembro, a primeira convocatoria desta xornada na que compartiron co alumnado doutros centros unha mañá radiofónica.

A intención deste encontro é poñer en valor o traballo que o alumnado fai nas emisoras dos centros, empregando este recurso como unha ferramenta formativa máis.

Os escolares puidoron asistir aos seguintes talleres: teatro radiofónico, laboratorio de radio e locución e expresión oral. O noso alumnado participou no taller de laboratorio de radio, xunto co alumnado do colexio de Rianxo, sesión que dirixiu Susana Bastón.


Pero, tamén tiveron a oportunidade de asistir a entrevistas, feitas por nenos e nenas, ao conselleiro Román Rodríguez, a xornalista Esther Estévez, a deportista Teresa Portela ou a profesionais do sector da radio como Ignacio Capeáns de Onda Cero, Andrea Oca de Radio Nacional, Kike Magnalena de Radio Galega...entre outros.


Foi todo un pracer participar e representar, xunto cos escolares do CPI Virxe do Monte de Cospeito, as bibliotecas da Microrrede de Bibliotecas escolares da Terra Chá.