xoves, 8 de xaneiro de 2026

Xornadas Radio na Biblio

 Radio Corpiño seleccionado para participar nas Xornadas de Radio na Biblio📻

O alumnado de 5º e 6º tivo a honra de asistir, o pasado 18 de decembro, a primeira convocatoria desta xornada na que compartiron co alumnado doutros centros unha mañá radiofónica.

A intención deste encontro é poñer en valor o traballo que o alumnado fai nas emisoras dos centros, empregando este recurso como unha ferramenta formativa máis.

Os escolares puidoron asistir aos seguintes talleres: teatro radiofónico, laboratorio de radio e locución e expresión oral. O noso alumnado participou no taller de laboratorio de radio, xunto co alumnado do colexio de Rianxo, sesión que dirixiu Susana Bastón.


Pero, tamén tiveron a oportunidade de asistir a entrevistas, feitas por nenos e nenas, ao conselleiro Román Rodríguez, a xornalista Esther Estévez, a deportista Teresa Portela ou a profesionais do sector da radio como Ignacio Capeáns de Onda Cero, Andrea Oca de Radio Nacional, Kike Magnalena de Radio Galega...entre outros.


Foi todo un pracer participar e representar, xunto cos escolares do CPI Virxe do Monte de Cospeito, as bibliotecas da Microrrede de Bibliotecas escolares da Terra Chá.




Ningún comentario:

Publicar un comentario