O alumnado de 1º a 4º de Primaria, visitamos en Ferrol, a exposición de fotografía “Emocións en perigo”.
O autor é Tim Flach, que é un dos fotógrafos de animais máis prestixiosos, a nivel mundial. 📷
A través da súas instantáneas, puidemos coñecer diversos animais que están en perigo de extinción como axolote, a ra azul, a tartaruga angonaka, o panda xigante, o peteiro zapato, o cabaliño de mar barrigudo, o mono de nariz chato, o guacamaio de Spix, o guacamaio militar, a bolboreta monarca, o voitre africano etc…
Tamén puidemos participar nun obradoiro de plástica, onde decoramos uns axolotes e creamos os seu hábitat.
Botádelle un ollo ao seguinte vídeo👇
Tim Flach: "Conectar ás persoas coa natureza"

.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario