Durante este terceiro trimestre o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º EP asistiron a varias sesións dun obradoiro de habilidades sociais impartido polo servicio municipal de prevención de drogodependencias.
No caso do alumnado do 2º ciclo de EP traballaron a expresión emocional, a comunicación asertiva, o traballo en equipo e a resolución de conflictos de maneira positiva.
Aprender a convivir tamén se ensina, fomentando a empatía e a comunicación positiva mediante dinámicas divertidas e participativas, tal e como se pode apreciar nas seguintes imaxes.
No caso dos máis maiores traballaron nos hábitos saudables. Coa axuda da realidade virtual puideron experimentar na súa pel os efectos despois do consumo de bebidas alcólicas ou enerxéticas.
Estas formacións preventivas son esencias para alertar aos máis novos dos efectos nocivos que poden causar.
Velaquí unha mostra dunha das sesións
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.png)

Ningún comentario:
Publicar un comentario