Estabades desexando velos: os vídeos do Samaín.
Que ben o pasamos! 😂
ARAÑAS QUE DAN MEDO!
Estabades desexando velos: os vídeos do Samaín.
Que ben o pasamos! 😂
ARAÑAS QUE DAN MEDO!
Xa sabemos que o verán é a vosa estación favorita.
Pero o outono tamén ten o seu aquel.
Imos de festa en festa: vimos de celebrar o Samaín e mañá toca...
...MAGOSTO !
MAGOSTO = CASTAÑAS ASADAS E XOGOS.
Para ir facendo boca, visitade esta páxina:
https://www.galiciamaxica.eu/mini/tiempo-de-castanas/
Non está a cousa para festas, así que velaí vai unha suxerencia:
entrade na plataforma web do "Cirque du Soleil" (Circo do Sol) e gozade coas
piruetas e acrobacias imposibles dos seus artistas sen movervos do sofá.
Seredes capaces de aguantar sentados? Aposto a que non.
https://www.cirquedusoleil.com/es/cir;queconnect
Hoxe, 31 de outubro, celébrase o Samaín -Halloween en Inglés-.
Se queres saber máis sobre a orixe desta festa, clica nestes enlaces:
https://praza.gal/ducias/respostas-sobre-o-samain
https://sabersabor.es/galicia-cedeira-y-el-samain-la-noche-celta-de-los-difuntos/
O venres 30 de outubro celebramos o Samaín no cole. Haberá obradoiros de cociña terrorífica, decoración de cabazas, contos e teatro de terror...Un montón de actividades divertidas e espeluznantes. Non faltedes!
A Biblioteca Nacional de España celebra a quinta edición do "Día das Escritoras " co obxecto de reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia. A data escollida é o luns máis cercano á festividade de Santa Teresa de Jesús, que se celebra o 15 de outubro.
Esta edición está presidida pola escritora Elvira Lindo, a famosa autora de Manolito Gafotas. O tema escollido por ela foi "O esforzo cotiá das mulleres."
Leranse fragmentos de obras, relativas a esa temática, das seguintes escritoras:
Teresa de Jesús, Rosalía de Castro, Dulce María Loynaz, Blanca Varela, Errose Bustintza (Mañariko), Elena Fortún, Sor Juana Inés de la Cruz, Ana María Matute, Josefina Carabias, Pura Vázquez, Luisa Carnés, Gloria Fuertes, Mercè Rodoreda, Idea Vilariño, Circe Maia, Emilia Pardo Bazán, Victorina Durán, Ida Vitale, Carmen Baroja y Nessi y Concha Méndez.
Podedes atopar máis información no seguinte enlace,
http://diadelasescritoras.bne.es/edicion-2020/
A Rosalía de Castro xa a coñecedes ben: dende hai uns días decora unha das paredes da entrada do cole grazas ao traballo de #ConceptoCirco e ao seu espectacular graffiti.