sábado, 16 de xaneiro de 2021

CLUB DE LETRAS 2020-2021:O COIDADO

     O Club de Letras é un proxecto de innovación educativa convocado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, co obxectivo de potenciar o emprendemento e o pensamento crítico e creativo na área das Humanidades,as Artes e as Ciencias Sociais.

    Fundaméntase nunha metodoloxía baseada na descuberta, na indagación, no intercambio de ideas, na lectura reflexiva, na análise crítica, na creación e na aprendizaxe colaborativa. 

     Para o curso 2020/2021 o tema escollido é O COIDADO.  

     Participamos 4º e 5º de Educación Primaria, así como a súa titora, o mestre de Ciencias, a mestra de PT e a mestra de Inglés. 

    Escollemos como subtema "O coidado durante a pandemia".

   Para traballalo, temos preparadas diversas actividades que iremos subindo aquí.

    Esperamos que vos gusten.

mércores, 23 de decembro de 2020

martes, 15 de decembro de 2020

LIBROS PARA A IGUALDADE DONADOS POLA ANPA "AS FAIAS"

 Dende o Equipo da Biblioteca, queremos agradecer á "ANPA AS FAIAS", a súa implicación na campaña de promoción da igualdade e da prevención da violencia de xénero.

                                        

Como mostra, a nova colección de libros sobre esta temática que nos entregaron recentemente, xa á vosa disposición na biblioteca do cole.

Graciñas !



xoves, 3 de decembro de 2020

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

                                       


      Hoxe celébrase o Dia da Discapacidade. 


     O lema deste ano é "Un día para todos", e quérese facer visible que a discapacidade forma parte da condición humana, xa que todos, nalgún momento das nosas vidas, podemos experimentar unha discapacidade temporal ou permanente;e a sociedade ten que estar preparada para iso.

    No cole, preparáronse diferentes actividades para que nenos e nenas fosen conscientes das dificultades coas que se atopan no seu día a día as persoas que teñen algunha discapacidade física.

    Queremos agradecer ao Centro de Saúde de Begonte a súa colaboración prestándonos dúas cadeiras de rodas;e a Lucía, unha nai, que nos trouxo outra. 

     O resultado desta experiencia podedes velo no vídeo seguinte:



mércores, 2 de decembro de 2020

FAIUCO VIAXA A... GUATEMALA.

                            Xa recibistes a primeira carta deste curso.

 

                                


      Nela veredes que imos visitar...GUATEMALA.

                                                    

            Guatemala é o país de orixe de Elenna de 4º de EP.

 

                                     Veña! Toca investigar !