mércores, 20 de outubro de 2021


O alumnado de sexto de educación primaria, conmemorou o día das escritoras
coa a obra de gloria fUErtes, poeta pacifista, ecoloxista, feminista... referente da literatura infantil.





luns, 18 de outubro de 2021


18 de outubro


O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas e Modernas.

Dende 2016 búscase recuperar e resaltar o legado das escritoras e visibilizar as obras das mulleres na literatura.

A data elixida para a súa celebración, é o luns máis próximo ao 15 de outubro. Data que coincide coa festividade de Santa Teresa de Jesús, patroa dos escritores españois. 

A VI Edición celébrase este ano 2021, o 18 de outubro baixo o lema:

"ler as idades da vida"

Marifé Santiago Bolaños, é a comisaria desta VI Edición. Se queredes descubrir máis autoras e as súas obras, neste apartado atópanse unha morea de mulleres da literatura ao longo da historia:



Dende Bibliotecas Escolares de Galicia, tamén nos achegan unha selección de textos de escritoras galegas:


Por último, Faiuco déixavos un relato contado por unha das nosas autoras máis recoñecidas, Yolanda Castaño.
Non esquezas escoitalo! Punver é un verme moi divertido!



martes, 5 de outubro de 2021

sábado, 25 de setembro de 2021

 
Se os nenos e as nenas non van á biblioteca, 

Faiuco vai cara aos nenos e nenas cunha morea de libros e contos!

Mentras rematan as obras da nova biblioteca, as bibliomóbiles xa están en marcha polas aulas do cole convidándoos a seguir gozando da lectura.






luns, 20 de setembro de 2021



Iniciamos unha nova aventura! 

A escola atópase en obras e Faiuco está con moito traballo pero aínda así, comenzamos esta nova etapa con moita ilusión!