Este ano está organizado por Pakistán e inicíase o Decenio das Nacións Unidas sobre a Restauración dos Ecosistemas.
https://www.unep.org/es/events/un-day/dia-mundial-del-medio-ambiente-2021
https://www.unep.org/es/events/un-day/dia-mundial-del-medio-ambiente-2021
Dani, de 5º de EP, trouxo este libro cheo de fermosas historias sobre animais. Escollemos unha e mirade canto traballamos!
https://view.genial.ly/6085b553256e570d364e58db/presentation-historias-de-cuidado
A que quedastes con ganas de saber máis? Pois clicade aquí.
Aquí tedes un vídeo no que o alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria amosa a súa admiración e respecto aos sanitarios polo seu esforzo e dedicación durante a pandemia de COVID-19.
Elas e eles si que son superheroes e superheroínas!
O Día Internacional dos Museos 2021 ten como lema:
‘O futuro dos museos: recuperar e reimaxinar’
https://icom.museum/es/news/dia-internacional-de-los-museos-2021/
O obxectivo é concienciar sobre o feito de que os museos son un importante medio para o intercambio cultural, o enriquecemento das culturas, así como para o desenvolvemento da comprensión mutua, da colaboración e da paz entre os pobos.