venres, 29 de outubro de 2021
31 de outubro
O samaín!
Hoxe, no noso cole, celébrase unha das festas máis enxebres e tradicionais da cultura galega,. forma parte da tradición da nosa terra e remóntase a época das poboacións celtas.
queredes saber máis? Pois cliclade na mochila vermella na revista National Geographic
co paso dos anos, en distintos lugares do mundo festexan tamén este día de diferentes maneiras.
martes, 26 de outubro de 2021
Seguimos conmemorando o Día das Escritoras
O grupo de 5º traballou os textos seleccionados por bibliotecas escolares, buscaron información sobre as diferentes escritoras propostas e fixeron unha exposición oral sobre o que investigaron
e os peques de 4º de EI recibiron a visita da
parece que lles gustou moito!
domingo, 24 de outubro de 2021
Conmemoración do Día das Bibliotecas Escolares
24 de outubro
En 1997, a Asociación española de amigos do libro Infantil e xuvenil en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, propón celebrar o Día das Biblioteca o 24 de outubro, para concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos bibliotecarios e bibliotecarias.
Se queredes saber máis do por que se celebra este día, clicade no seguinte enlace:
No noso cole fixéronse distintas actividades,
o alumnado de 5º de EP investigou sobre as bibliotecas do mundo.
Os nenos e nenas de 2º de EP recomendaron os seus libros favoritos.
No curso mixto de 3º e 4º imaxinaron a súa futura biblioteca, describírona e ilustrárona.
Os peques de 6º de EI traballaron co libro "A montaña máis alta do mundo" e fixeron a súa propia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















