martes, 24 de maio de 2016

Visitamos a Casa-Museo de Manuel María!


Como ben sabedes, o Día das Letras Galegas deste ano adicouse a un gran escritor, Manuel María, nado nun concello que temos moi cerquiña do cole, en Outeiro de Rei. Antes de culminar a celebración do Día das Letras galegas 2016 no cole, todos os nenos e nenas do Virxe do Corpiño tivemos a gran sorte de visitar a súa casa-museo, a coñecida Casa de Hortas.


Durante a visita puidemos ir coñecendo de primeira man todos os espazos da súa casa natal, mentres nos ían explicando detalles e anécdotas destacadas da súa vida profesional e persoal. Chamounos moito a atención a enorme biblioteca que contén centos de libros da súa propiedade.


Ademáis, descubrimos que Manuel María tamén ten algún texto relacionado co proxecto documental integrado que estamos a levar a cabo este ano ("Faiuco é astronauta") como é o caso do poema que Manuel lle adicou ao astro rei: "O sol". Que alegría se vai levar Faiuco cando llo contemos!


E, xa que nos trataron tan ben na casa-museo, fixémoslles un pequeno agasallo recitando algúns poemas con todo o noso agarimo. Ben seguro que lle sacamos un sorriso a Manuel alá onde esté.





Ningún comentario:

Publicar un comentario