martes, 10 de maio de 2016

Experimentando coas órbitas!


Seguimos traballando no noso Proxecto Documental Integrado: Faiuco é Astronauta. Esta vez, dende a área de Ciencias Sociais fixemos un interesante experimento.

Unha das cousas que aprendimos este curso sobre os planetas na área de Ciencias Sociais foi que orbitan arredor do Sol. Isto ocorre porque o Sol os atrae exercendo unha forza de gravidade sobre eles.

Os nenos e nenas de terceiro e cuarto fixeron un sinxelo experimento no que grazas a un corcho de botella, unha palliña e un alfinete imitan as órbitas dos planetas arredor do astro rei. Menuda chulada!







Ningún comentario:

Publicar un comentario