mércores, 10 de xaneiro de 2018

Benvidos a un novo curso!


BENVIDOS NENOS E NENAS! Comezamos un novo curso na biblio do Virxe do Corpiño cargadiños de ilusións, novidades e, por suposto, moitísimas gañas de ler.

Como xa sabedes, Faiuco está a piques de aterrar coa súa nave espacial despois da súa apaixoante viaxe recorrendo o universo. De seguro que pronto emprenderá unha nova aventura. Estaremos moi atentos!

E ademáis, volveremos poñer en marcha o sistema de préstamo de libros e a mochila viaxeira, seguiremos mellorando a decoración da nosa querida biblioteca, encheremos todavía máis as súas estanterías con novas adquisicións e seguiremos realizando numerosas e variadas actividades entre as súas catro paredes.

Recordade que a biblioteca, ao igual que o ano pasado, estará aberta os días de chuvia para o voso disfrute.

COMEZAMOS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario