Por que festéxase o 2 de abril o Día Internacional do Libro Infantil?
Porque é a data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor de clásicos como La Sirenita, El Patito Feo, entre outros.
Esta é a mensaxe para todos os nenos e as nenas do mundo:
Ler é liberdade. Ler é respirar.
Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a habitar mundos que nunca vas querer deixar.
Ler permítelle ao teu espírito soñar.
Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso.
A plenitude do teu universo só medra cando les.
As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día, xa que logo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente.
As historias son menciña. Curan. Reconfortan.
Inspiran. Ensinan.
Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. Benditos sexan
os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso.
Mahsi cho. Moitas grazas.
RICHARD VAN CAMP, AUTOR
TRADUCIÓN, MERCEDES PACHECO
Ningún comentario:
Publicar un comentario