venres, 23 de febreiro de 2024

Contacontos en familia

 Seguimos recibindo ás familias do noso alumnado nas sesións de Contacontos en familia.

Desta vez, foi a quenda da familia de Ángel e Luz.

Nestas sesións os nenos e nenas gozan da narración de historias que lles axudan a desenvolver un gusto pracenteiro pola lectura e a escritura, afondar no tratamento do desenvolvemento emocional e social así como promover a creatividade e a imaxinación.

Por unha banda, a nai de Ángel de 1º de EP, fixo a lectura dun conto do que seguro escoitastes falar " A que sabe a lúa?" 

Uns animaliños moi curiosos só tiñan un desexo e era darlle unha dentada a lúa. Alguén de vós soñou con iso?





Autor e Ilustrador: Michael Grejniec

E por outra banda, a nai de Luz de 2º de EP, contou a historia dun dragón que deixou encantados aos nenos e nenas da clase. 
Aínda que tamén coñeceron a peter, un neno que visita unha axencia de viaxes e decubre un mundo novo.



Autor: Lou Cartel
Ilustradora: Deborah Allwright



Autora: Ana Meilán
Ilustradora: Silvina Eduardo


Moitas gracias por compartir 
o voso tempo con nós!


Ningún comentario:

Publicar un comentario