venres, 19 de decembro de 2025

Festa de Nadal

Antes de irnos de vacacións, o 19 de decembro gozamos dunha xornada ben entretida🎉: Entre actuacións💂, música 🔉, cine🎥, estreas de anuncios 📣 e badaladas da sorte rematamos este primeiro trimestre.



Co pallaso Peterpunk rimos e rimos😆, unha actuación para non pestanexar. Velaquí un anaquiño da sesión en fotos.













E non podía marchar da escola sen pisar os estudios de Radio Corpiño 📻

Pinchade no enlace, xa que a entrevista merece moito a pena. Mouta, Uriel, Hugo F, Serafín, Xián e Luz fixeron un traballo espectacular👍




Logo, reunímonos na biblioteca para unha nova sesión de "Cine na Biblio" desta vez coa curta "Los tipos malos: una Navidad muy mala.


E aproveitando a nosa reunión fixemos entrega dos premios dos concursos que propuxo A casiña de Faiuco durante este primeiro trimestre.
Noraboa a todas e todos os gañadores.


Concurso do Samaín: Animais terroríficos


Mes da ciencia: Fototrampeo

Tamén houbo tempo para escoitar os desexos dos nenos e nenas de 5º e 6º 💖 para este Nadal; así como de visionar o noso anuncio para lembrar que ningún animal debe ser un agasallo. E por si fora pouco, algúns nenos e nenas da escola de música tocaron en directo para todos nós👏👏👏

E finalmente, rematamos a xornada coas badaladas





xoves, 18 de decembro de 2025

Non regales mascotas, adopta!

 Avanzamos no noso PDI "Que animalada!", en concreto a través da actividade inicial de coñecer as mascotas do noso alumnado, o Tendal das Mascotas🐕

Coñecer da vida destes animaliños que forman parte das nosas familias fíxonos reflexionar sobre o camiño doutros animais, aqueles que foron abandonados ou maltratados. Por sorte, os nosos, gozan de cariño, atención, amor, coidados...

Polo que, durante este mes de decembro fixemos varias actividades en prol de axudar a protectora de Lugo para que os animais que viven alí teñan algunhas melloras, dentro das nosas posibilidades claro está.

Certo é que o importante desta proposta é afondar na importancia de respectar os animais, de comprometernos cando tomamos a decisión de ter unha mascota na nosa casa, coñecer a responsabilidade de adoptar...

E así naceu este Spot publicitario, para evitar que no Nadal regalemos animais. Ninguén escoller ser un regalo, eles tampouco.




Oxalá este spot cumpra o seu obxectivo é así terminar coa idea de regalar animais.

Este Nadal, adopta, ninguén escolle ser un regalo.



Recomedacións para o Nadal

 A piques de comezar as vacacións de Nadal🎅, Faiuco propón unha serie de libros e contos para gozar da lectura tamén en períodos non lectivos 📚

O tempo de lectura🕐 debe ser de calidade, nun lugar cómodo e cálido que nos permita concentrarnos na historia que vamos ler. É imprescindible estar relaxado/a para gozar do libro que temos nas nosas mans.

Igual de importante é que nos conten contiños en lugares agradables, lexos de estímulos que nos distraigan e que o narrador/a da historia desplegue todos os seus encantos para engancharnos á historia.

Velaquí deixo a proposta para este Nadal🎄

E como puidestes ver no vídeo, Faiuco engadiu xogos de mesa que poden amenizar algunhas das tardes nas vosas casas.

Que vos parecen?

Gozade das vacacións, Bo Nadal🎅

luns, 15 de decembro de 2025

Cadeira Vermella

Unhas das actividades de animación á lectura que máis gustan son a renarraión de contos por parte dos nenos e nenas de Educación Infantil.

O seu ton de voz, entoación, xeitos de contar a historia, a postura corporal, a interpretación das imaxes e o recordo do diálogo da persoa que lle lo contou fan que cada Cadeira Vermella sexa única e orixinal.

Desta vez sentou Uxía, de catro aniños, que se animou a contar a historia de Cocorico.

Por favor, súbide o volume 🔈🔉🔊 e gozade da narración


Cocorico e o gato pelao son sempre un gran éxito 😄

Moi ben contado Uxía, graciñas 💖

xoves, 4 de decembro de 2025

Cadeira Vermella

 Unha das cousas que máis lles gustan aos nenos e nenas de Infantil cando van á biblio é contar o conto que levaron á casa e ensinar o seu debuxo📇

Ás veces a vergoña, a timidez, os nervios... ao saber que os gravamos fan que non poidades disfrutar desta actividade. Pero, as que somos afortunadas e o podemos ver é unha delicia 😍

Aitana sentou na Cadeira Vermella para renarrar unha historia de cacas 💩

Fíxoo así de ben, subide o volume 🔊🔊🔊🔊🔊


Super ben Aitana 👌

martes, 2 de decembro de 2025

Fotografías participantes

 Rematado o mes de novembro, mes da Ciencia, termina o prazo para presentar fotografías para o I Concurso de Fototrampeo.

Un concurso que une a fotografía coa observación directa dun ser vivo no seu medio natural, capturando diferentes momentos: unha abella pousada nunha flor, unha píntega correndo baixo a choiva, un caracol alimentándose dunha folla de leituga, miñocas que aparecen nestes días húmedos... 

Froito desta proposta chegaron fotos moi bonitas e chamativas que deixan ver a implicación do noso alumnado e das súas familias nas dinámicas que propoñemos, estamos moi agradecid@s.

Sendo un avance máis no noso PDI "Que animalada!" pois unha parte fundamental para coñecer o reino animal é a observación.

Neste vídeo podedes ver as fotografías participantes, dádelle ao play



Moi pronto, coñeceremos os dous gañadores de cada etapa, EI e EP.

Estade moi atent@s as nosas redes sociais



Formación ao voluntariado

 No día de hoxe os nosos voluntari@s achegáronse á biblioteca para poñerse mans a obra coa colocación de libros📚

Os nenos e nenas voluntarias son parte do equipo da biblioteca e deben colaborar na dinamización e organización da mesma, por iso é moi importante ofrecer sesións de formación.

A Casiña de Faiuco está mudando ao KOHA, programa de xestión de bibliotecas, que implica algún cambio na catalogación, colocación e distribución da colección nas tres salas. Polo tanto, é hora de que o voluntariado se vaia familiarizando coa CDU ilustrada, que xa coñecían, a información dos tejuelos e a disposición dos distintos exemplares nos andeis.

Unha tarefa que a priori parece sinxela pero que necesita de moita práctica.

Pois ben, comezamos identificando os andeis de ficción, recordando a nosa clasificación de lectores por cores, cos de non ficción e como distribuimos os buses, da CDU ilustrada, polos distintos espazos.




Logo, identificamos a información dos tejuelos e "xogamos" a buscar libros. A idea era buscar a sección corresponde e colocar o libro alfabéticamente de acordo aos separadores dos andeis.









Pasiño a pasiño o noso voluntariado adquire responsabilidades na xestión da biblioteca 👏👏👏

Moi bo traballo 👌

Vivindo con eles, puro amor

No noso PDI "Que animalada!", as mascotas teñen un papel fundamental🐾

É a nosa realidade máis próxima ao mundo dos animais e en tódolos fogares, ou case todos, hai mascotas as que queremos un montón.

Para dar a coñecer as nosas mascotas aos demais compañeiros/as propuxemos encher o tendal do noso cole coas fotos destes animaliños tan prezados.

Sabemos o nome de cada un deles, a súa apariencia pero tamén que é o que máis lles gusta facer. Se ti tamén queres coñecelos, vén ao cole!!

Velaquí a gran familia do PDI "Que animalada"


E si, son un montón deles💛

Un bo inicio para comezar a falar de responsabilidade, compromiso e cariño cara os nosos animais.

Moi pronto, haberá máis novidades sobre o asunto😉



xoves, 27 de novembro de 2025

Camiñando cara a igualdade

 O martes 25 de novembro pisamos forte contra a violencia💜

Rexeitamos calquera tipo de violencia e por iso queremos que todas e todos escollamos o bo camiño; o do respecto, empatía, xustiza, paz, amor, cariño... que nos guía cara o bo trato.

Porque a igualdade non é unha meta, é o camiño que construímos xuntos e xuntas, pasiño a pasiño, desde as nosas aulas.

Celebramos un acto diante do Concello que comezaba cun manifesto feito polos maiores do cole onde apelaban ao respecto.  Logo, pisamos con forza as frases ou palabras que tanto repugnamos sobre a violencia física, psicolóxica, sexual, dixital... e para terminar colocamos os zapatos morados coas sinais que indican o camiño que debemos de seguir.

Neste pequeno vídeo podedes ver o resumo desta iniciativa 


💜👣💜👣💜👣💜👣💜👣

Nós xa escollemos o camiño a seguir, e ti??



luns, 24 de novembro de 2025

Formación audiovisual II

 O alumnado do terceiro ciclo de Educación Primaria segue a participar nas sesións de formación sobre gravación e edición de curtas📹

Na sesión do pasado venres tocou saír ao exterior, gravaron no propio Belén. 

A intención é potenciar e mellorar o seu manexo e dominio con certos dispositivos para recoller material para a posterior fase. 

Tiveron que poñer en práctica o aprendido sobre a escolla de planos, personaxes, trama, diálogo...

Deixamos por aquí unhas cantas fotos da xornada de gravación





Graciñas Begoña por sabernos guiar tan ben 😊

A Cadeira Vermella

 O alumnado de Educación Infantil segue a empregar a Cadeira Vermella para renarrar as historias dos contos que levan prestados as súas casas🏠

Unha práctica que axuda aos máis pequenos a adquirir un gusto pola lectura, desenvolver destrezas na oratoria, aumentar o seu vocabulario, axuda a integrar o paso do tempo a través do devir da historia que contan, potencia a escoita activa e axúdalles a mellorar a súa expresión oral.

Asemade é o agrado deles contar contos, gústalles ser escoitados e narrar historias que saben.

Velaquí un adianto da primeiras intervencións.

Fixérono xenial 😍!! 

Aproveitamos a nosa sesión na biblio para escoller novos contos pero tamén para compartir as aventuras cos demais compis.

O álbum ilustrado triunfa sempre 👌

mércores, 19 de novembro de 2025

III Congreso de Benestar e Convivencia

Estratexias e recursos para crear centros seguros, diversidade e inclusión, actuación do centro educativo fronte á violencia contra a infancia e adolescencia, estes e outros temas foron abordados no III Congreso para coordinadores e coordinadoras de benestar e convivencia onde parte do equipo da nosa biblioteca participou en prol dunha escola de calidade, inclusiva e comprometida.






"Un aula llena es un cuerpo vivo. Su cabeza piensa si transmitimos el sentido de lo que pedimos; su corazón late y se compromete si cuidamos del vínculo; sus manos actúan si les damos un modelo que puedan imitar, y sus pies sostienen el camino si vamos a su lado.
Los límites no nos frenan nos protegen mientras aprendemos a movernos en el mundo por nosotras mismas"

Palabras de Sara Desirée Ruíz, Educadora Social especialista en adolescencia.




Formación audiovisual

 Durante tres venres deste mes de novembro o alumnado de 5º e 6º EP participa nunha formación de creación e edición de vídeo📹

Froito dunha colaboración da nosa escola co Belén de Begonte nacen estas xornadas audiovisuais, coa finalidade de darlle ferramentas ao noso alumnado para participar no Certame Audiovisual que organizará o Belén de Begonte na próxima tempada.

Unhas sesións moi entretidas na sala de robótica a cargo de Begoña Pérez. Puideron achegarse un pouquiño máis á produción, edición e gravación dunha curta; comezando por distinguir os tipos de planos que hai e como empregalos na escena. 

Velaquí algunhas fotiños que rescatamos do blogue dos maiores do cole "terceiroCICLO" sobre a xornada do pasado venres.



Na próxima sesión, máis 😄!!


luns, 17 de novembro de 2025

Seguimos....colle a cámara!!

 Se aínda non fuches quen de conseguir a túa mellor foto para o concurso de FOTOTRAMPEO 📷, imos axudarche!👥

Faiuco fixo unha escolma de algunhas fotos que poderían ser boa opción, bótalles un ollo 👀


Fíxate, detrás das follas podes atopar algún vermiño interesante.


Estes bechos tan pequenos e traballadores xa estarán ben agochados, ou viches algunha despistada?


En lugares húmedos se levantas algunha pedra seguro que atopas miñocas.


Se cadra podes enganar algunha mosca, das poucas que quedan neste tempo, para sacar unha boa foto.


Tes algunha idea xa❔

Estou convencida de que si, veña colle as botas de auga e a cámara e sae dar un paseo

Bulide!!




martes, 4 de novembro de 2025

Fototrampeo

 Novembro, mes da Ciencia en galego 💙

"As bibliotecas son parte esencial deste ecosistema: non só como espazos físicos, senón como nodos de encontro, conexión social e aprendizaxe permanente. A súa transformación social e dixital facilita que o coñecemento circule, que a ciencia se comparta e que máis persoas participen activamente, proporcionando as ferramentas para seguir aprendendo, cuestionando e creando" 

palabras de Concepción Paz Penín 

Ditas verbas definen a esencia deste III Concurso de Ciencia e Fotografía, pois trata de conectar a Ciencia, vista dende o eido fotográfico co proceso de observación dun ser vivo. O que nos vai permitir coñecer máis aos bechos que nos rodean e aprender a observar e rexistar datos, neste caso coa axuda da fotografía.

Unha iniciativa máis da Casiña de Faiuco para avanzar no noso proxecto "Que animalada!" da man da fotografía. 

Anímate a participar, tes todo o mes para facelo. 

Abre ben os olliños 👀 que animais miúdos ves?

Velaquí as bases do concurso👇👇



Esperamos as túas fotos, participa!!

 

luns, 27 de outubro de 2025

Aula da Natureza

 A aula da natureza do Concello de Begonte tamén colabora co colexio, desta vez, coa elaboración dun herbario co alumnado de 5º e 6ºEP.

Todo comeza cunha saída para percorrer as ribeiras do río Ladra coa intención de descubrir a flora e fauna da nosa contorna, moita coñecida pero moita outra que pasaba desapercibida. 


O resultado viuse enrriba da mesa do polo creativo; unha  escolla de follas, flores e herbas aínda sen clasificar.



Pedro e Pepe puxeron o punto de partida desta actividade pero queda traballo por diante para este grupo de nenos e nenas.

👉Deben gardar as mostras en bo estado.

👉 Colocar uns separadores de cartón, feitos na cortadora láser, polo medio de cada folla, herba ou flor.



Continuamos montando o herbario, proximamente máis actualizacións 😉