Avanzamos no noso PDI "Que animalada!", en concreto a través da actividade inicial de coñecer as mascotas do noso alumnado, o Tendal das Mascotas🐕
Coñecer da vida destes animaliños que forman parte das nosas familias fíxonos reflexionar sobre o camiño doutros animais, aqueles que foron abandonados ou maltratados. Por sorte, os nosos, gozan de cariño, atención, amor, coidados...
Polo que, durante este mes de decembro fixemos varias actividades en prol de axudar a protectora de Lugo para que os animais que viven alí teñan algunhas melloras, dentro das nosas posibilidades claro está.
Certo é que o importante desta proposta é afondar na importancia de respectar os animais, de comprometernos cando tomamos a decisión de ter unha mascota na nosa casa, coñecer a responsabilidade de adoptar...
E así naceu este Spot publicitario, para evitar que no Nadal regalemos animais. Ninguén escoller ser un regalo, eles tampouco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario