O venres pasado celebramos o día das #BibliotecasEscolares📚
Baixo o lema "Contra a desinformación: Bibliotecas" preténdese destacar o papel fundamental que as bibliotecas desempeñan contra a desinformación, ben sexa a través dos fondos bibliográfico ou do bo uso das novas tecnoloxías.
Ao aveiro do traballo de deseño e planificación de distintas actividades para lograr os obxectivos da Axenda 2030, xorde o PDI.
Un proxecto para gozar do reino animal e de todos os saberes que o rodean, ademais de ofrecer a posibilidade de seguir a idea de traballar sobre un proxecto de centro; no que poidamos aprender e compartir en comunidade.
Os principais obxectivos deste PDI son:
✅Profundizar nos ODS da Axenda 2030
✅Ofrecer novas situación de aprendizaxe a través do reino animal
✅Camiñar da man do alumnado para chegar a conclusións
✅Valorar o traballo en equipo
✅Poñer en práctica actitudes de respecto e coidado entre iguais
✅Implicar á comunidade educativa no día a día da Bibblioteca
✅Ofrecer talleres que permiten ao alumnado coñecer máis en profundidade distintos modos de vida de animais.
✅Velar pola biodiversidade da nosa contorna
✅Adquirir responsabilidades novas en canto ao coidado de animais
✅Mellorar a expresión escrita e oral
✅Incentivar a creatividade e imaxinación dos nenos e nenas
✅Confiar nas posibilidades de cadaquén
-...
Que animalada! é un proxecto para loitar contra a desinformación, cheo de curiosidade, aprendizaxes e descubrimentos. Unha nova aventura, rodeada de animais, na que exploramos a contorna e convivimos en sintonía co mundo que nos rodea🌎
E para saber por onde comezar, que mellor que coñecer o que queren saber sobre a temática do PDI os nosos nenos e nenas, velaquí a chea de inquedanzas...
Listos para comezar👍, imos aló!



.png)

Ningún comentario:
Publicar un comentario