luns, 27 de outubro de 2025

Mirar o mundo diferente

Nesta última semana dous grupos da escola estiveron traballando competencia emocional coa profe Andrea, falando dos distintos xeitos que temos de percibir o mundo 🌍;falamos de TEA ( Trastorno do Espectro Autista) 💙

A Casiña de Faiuco camiña cara unha biblioteca inclusiva, un entorno adaptado a todos os nenos e nenas e valorando a diversidade como unha nova fonte de aprendizaxe.

A través de actividades, lecturas adaptadas, vídeos explicativos e dinámicas participativas exploramos a riqueza da diversidade e o valor da empatía.

Todos somos diferentes, diso falaron os máis pequenos e da importancia de tratarnos ben.


Os nenos e nenas debuxándose a sí mesmos para así percibir que somos totalmente distintos


Dinámica participativa a partir dun vídeo explicativo de como debemos de tratarnos

                                                        

Os maiores tamén traballaron sobre o que lles fai sentir ben e o que lles incomoda, o perigo de etiquetar ás persoas e conversaron sobre os valores da empatía, respecto, tolerancia...co fin de mellorar a convivencia poñendose no lugar do outro.


Resume da sesión de competencia emocional no grupo de EP.

Grazas Andrea por estas sesións que nos axudan a escoitar, comprender e celebrar o que nos fai únicos 👥 💕

Ningún comentario:

Publicar un comentario