mércores, 18 de novembro de 2026

A Cadeira Vermella de Martín

 Desta volta senta na Cadeira Vermella, Martín de 4 anos.

Renarrar a historia de Cocorico sempre deixa abraiados aos compañeiros e compañeiras, xa que é un conto que gusta moito e contado por Martín moito mellor😍

Poñede moita atención ao vídeo, abride as orellas e afinade o oído para que non se vos escape detalle da contada.

Eso si 🔈🔉🔊

Ser testemuñas de como os máis pequenos gozan da sala de lectura é un auténtico luxo. Os hábitos lectores deben acollerse dende idades temperás, mediante o fomento de actividades de animación á lectura pero tamén creando rutinas na vida cotiá que incluían momentos de ler. 

Tanto é así que dende A Casiña de Faiuco axudamos ás familias a lograr establecer estas prácticas co servizo de préstamo.

Moitas gracias Martín por facernos gozar, unha vez máis, da historia de Cocorico 🐥


Ningún comentario:

Publicar un comentario