mércores, 6 de abril de 2022

Cadea de brincadeiras




  Por fin chegou a brincadeira do profe Serafín! 



Bravo profe!

Para que sexa máis fácil, lembramos os xa nominad@s:

Infantil

3 anos: Leire, Bruno, Paula e Sergio

4 anos: Sofía, Pablo, Sara, Serafín, Xoel, Ángel, Naila, Matías, Erea..

5 anos:  Ainoa, Ainara, Uxía, Lucas, Naila, Xián, Luz e Hugo.

De 1º/2º: Mateo, Yaiza, Yoana, Yasmina, Gael, brenda e Nico. 

De 3º/4º: Aroa, Andrea, Iria, Gabi, Dani, Erik, Aitor, Alén, Iris, Sabela, alex e Kevin.

De 5º: Hugo, Elenna, Aron Otero, Karla, Julia, Yeray , Rodrigo Carrasco, Arón Vega e Rodrigo Corredoira.

De 6º: Noa, Pierina, Ellie, Abrahan, Aldán, Nico, Iber, Marta, Daniela, Alex Tato e Brais.

Profesor@s: Eli, Tena, Mariola, María, María Teacher, Álvaro, Alba, Tomás, Edita, Guiomar, Aneli, Serafín, Sandra, Rocío, Andrea e Carla.

Noe e Elizabet, as nosas coidadoras; Raúl e Motse, cociñeiro e cociñeira do noso cole.



luns, 4 de abril de 2022

Contacontos en familia

 Hoxe tivemos a primeira sesión de contacontos en familia!

Visitounos Susana, a nai de Aroa, que escolleu o conto "Ojos de agua". 








Encantounos, moitas grazas polo teu tempo Susana!



Autora e ilustradora: 
Eva Rodríguez Ruíz


2A Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo


En 5 anos, conmemoraron este día co conto "Catro esquinitas de nada" que lles serviu para entender que é iso da empatía e que significa ser diferente. Decatáronse de que as cousas máis bonitas son diferentes. Cantas cores distintas ten o arco da vella? Gustaríanos tanto se fose só dunha cor?





Chegaron á conclusión de que como as cores do arco da vella: 

a beleza está na diferenza!



Autor: Jèróme Ruillier





Cadea brincadeiras

 



Pero que brincadeiras máis bonitas!
Xián e Sabela cóntannos un trabalinguas! 







E Serafín, cántanos un anaquiño de "Cocorito".  



Bravísimo aos tres!


Para que sexa máis fácil, lembramos os xa nominad@s:

Infantil

3 anos: Leire, Bruno, Paula e Sergio

4 anos: Sofía, Pablo, Sara, Serafín, Xoel, Ángel, Naila, Matías, Erea..

5 anos:  Ainoa, Ainara, Uxía, Lucas, Naila, Xián, Luz e Hugo.

De 1º/2º: Mateo, Yaiza, Yoana, Yasmina, Gael, brenda e Nico. 

De 3º/4º: Aroa, Andrea, Iria, Gabi, Dani, Erik, Aitor, Alén, Iris, Sabela, alex e Kevin.

De 5º: Hugo, Elenna, Aron Otero, Karla, Julia, Yeray , Rodrigo Carrasco, Arón Vega e Rodrigo Corredoira.

De 6º: Noa, Pierina, Ellie, Abrahan, Aldán, Nico, Iber, Marta, Daniela, Alex Tato e Brais.

Profesor@s: Eli, Tena, Mariola, María, María Teacher, Álvaro, Alba, Tomás, Edita, Guiomar, Aneli, Serafín, Sandra, Rocío, Andrea e Carla.

Noe e Elizabet, as nosas coidadoras; Raúl e Motse, cociñeiro e cociñeira do noso cole.




domingo, 3 de abril de 2022

2A Día Internacional do Libro Infantil






Por que festéxase o 2 de abril o Día Internacional do Libro Infantil? 

Porque é a data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor de clásicos como La Sirenita, El Patito Feo, entre outros.




Cada ano elíxese un tema e convídase a un escritor para escribir unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo e a un ilustrador para deseñar un cartel, materiais que se utilizan en todos os países para promocionar o amor polos libros e pola lectura.


Esta é a mensaxe para todos os nenos e as nenas do mundo:


Ler é liberdade. Ler é respirar.
 
Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a habitar mundos que nunca vas querer deixar.
 
Ler permítelle ao teu espírito soñar.
 
Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso.
 
A plenitude do teu universo só medra cando les.
 
As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día, xa que logo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente.
 
As historias son menciña. Curan. Reconfortan.
 
Inspiran. Ensinan.
 
Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. Benditos sexan
os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso.
 
Mahsi cho. Moitas grazas.

RICHARD VAN CAMP, AUTOR
TRADUCIÓN, MERCEDES PACHECO





E lembra o que dí sempre Faiuco,
Ler é voar!

Tempos modernos na aula de 6º


O coñecemento non está só nos libros en papel, internet é unha biblioteca en bruto onde, con criterio, podemos atopar auténticas xoias como por exemplo, este filme co que rematou o alumnado de 6º, os temas de Ciencias Sociais dedicados á sociedade e ao traballo.




Alégranos comprobar como unha película do ano 1936 pode resultar divertida e útil para reflexionar sobre actualidade.  E por riba, de maneira gratuita!











Pequen@s contacontos!


Continuamos con este pequeno proxecto que ten o conto como estratexia para o desenvolvemento da linguaxe oral.
E como xa sabedes, ao alumnado de Infantil gústalle moito contar historias na "cadeira vermella"!


En 3 anos, Paula contounos o conto "Voy a comedte"



Autor: Jean-Marc Derouen
Ilustrador: Laure du Faüy



En 4 anos, Sara renarrounos... 



Autor. Ilan Brenman
Ilustrador: Ionit Zilberman




E por último, escoitamos un anaco da historia que contounos Luz de 5 anos!


Autor: Xerardo Quintiá
Ilustrador: Maurizio A. C. Quarello


Que ben o fixeron os tres!