domingo, 18 de decembro de 2022

"Educar a mirada"

  

Coa intención de "Educar a mirada" dende a linguaxe audiovisual, preténdese crear hábitos de observación, análise, comprensión e interpretación promovendo o pensamento crítico e diverxente, a empatía e o respeto aos distintos puntos de vista. 

Con estas premisas iniciamos na nosa biblioteca as xornadas de cine. 



  


Nesta primeira ocasión, en relación ao Proxecto Documental Integrado, o alumnado de Infantil y 1º ciclo de Educación Primaria viron a película "Buscando a Nemo". Os alumnos voluntarios de 5º e 6º, foron os encargados de recoller as entradas e ubicalos. 








xoves, 15 de decembro de 2022

I Carreira Solidaria "San Faiuquiño"


O Departamento de Educación Física da escola, dentro do Proxecto de vida Activa e Deportiva do centro, organiza a "I Carreira Solidaria San Faiuquiño" en colaboración co @concellodebegonte, co Clube de Atletismo Corre por Begonte e coa asociación deportiva "Rego de Lobo".






FAiuco anímavos a participar!






sábado, 10 de decembro de 2022

PDI "Faiuco e o coidado da hidrosfera"


Excursión ao Aquarium Finisterrae da cidade da Coruña




Despois da presentación do PDI da nosa biblioteca, esta visita e a iniciación a un proceso de investigación, aprendizaxe e concienciación do coidado do medio ambiente.








martes, 6 de decembro de 2022

3D#taniguaisetandiferentes -parte I-


Ao longo deste curso, dentro da atención á diversidade e dende unha perspectiva inclusiva, centrarémonos na concienciación do Síndrome de Down.

Iniciamos este proxecto transversal ao currículo dentro do ámbito da competencia emocional e as habilidades sociais coa intención de "educar na diferencia para valorar as desigualdades".















luns, 28 de novembro de 2022

25N Concurso de lemas e actividades


Ao longo do mes de novembro, levamos a cabo unha morea de actividades para manifestar o noso total rexeitamento á violencia de xénero:

💟Concurso de lemas contra a violencia de xénero
💟Taller de elaboración de chapas co lema gañador
💟Charla sobre a violencia de xénero dentro do Plan Director
💟Visionado e actividades sobre o conto "O príncipe Ceniciento"
💟Receitas sobre a violencia de xénero
💟Interpretación da canción "que nadie"



 








O lema gañador!




Enhoraboa a todos os nenos e nenas que participaron!






Xunt@s para visibilizar!





sábado, 19 de novembro de 2022

25N Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

Achégase o 25N e dende a nosas aulas renovamos o compromiso de concienciar a noso alumnado en prol da non violencia e o maltrato coa proposta de noso trasno. 






venres, 18 de novembro de 2022

Os pequen@s contacontos!


 Neste trimestre,  comenzamos coa "cadeira vermella"!

Sara de 5 anos e Samuel de 4 anos, foron os renarradores de historias! 





Que ben o fixeron!