martes, 3 de febreiro de 2026

Emocións en perigo

 O alumnado de 1º a 4º de Primaria, visitamos en Ferrol, a exposición de fotografía  “Emocións en perigo”.

 O autor é Tim Flach, que é un dos fotógrafos de animais máis prestixiosos, a nivel mundial. 📷

A través da súas instantáneas, puidemos coñecer diversos animais que están en perigo de extinción  como axolote, a ra azul, a tartaruga angonaka, o panda xigante, o peteiro zapato, o cabaliño de mar barrigudo, o mono de nariz chato, o guacamaio de Spix, o guacamaio militar, a bolboreta monarca, o voitre africano etc…

Tamén puidemos participar nun obradoiro de plástica, onde decoramos uns axolotes e creamos os seu hábitat.

Botádelle un ollo ao seguinte vídeo👇


Tim Flach: "Conectar ás persoas coa natureza"

luns, 2 de febreiro de 2026

Pasaportes da paz

 O pasado venres o noso alumnado expuxo na biblioteca o resultado dun longo traballo sobre especies autóctonas e invasoras en Galicia.

Con motivo do noso PDI "Que animalada" elaboramos pasaportes da paz para falar da necesidade de vivir en harmonía coa natureza🌄

Entendendo que os animais tamén son seres vivos que precisan vivir en paz, que eles mesmos buscan estratexias para convivir con especies que chegaron aos seus hábitats por diversas circunstancias.

Recordando deste xeito un dos nosos obxectivos neste proxecto, salvagardar a nosa biodiversidade🌍

É por elo que os nenos e nenas investigaron sobre algunhas das especies invasoras que foron asentándose en Galicia; tartaruga de Florida, o cangrexo de río, a avispa asiática e o bispo vermello.

A que especies afectan? comos se adaptan ás novas características do seu ecosistema? crean modificacións nas cadeas tróficas? como sobreviven as especies autóctonas? como crees que poden convivir?

E tentando responder a estas cuestións celebramos o Día da Paz creando pasaportes que simbolizan a necesidade de convivir entre distintas especies respectando ao noso medio. 

Unha actividade para identificar valores de convivencia, de protección como acto de paz, de compromiso co medio que nos rodea e sobre todas as cousas de coñecemento da nosa fauna.

Ao rematar as exposicións selamos os pasaportes cun selo elaborado polas aulas que representa o noso compromiso.

Velaquí un anaco do noso acto nun vídeo resumo


👉 Os nenos e nenas de Educación Infantil trouxeron un "rolo de conto" para presentar a historia de Flora, unha tartaruga de Florida que foi abandonada nun estanque. Este acto trouxo serios problemas a tartarugas que vivían nese ecosistema, como foi o caso de Pepo, un galápago autóctono.

👉 O alumnado do 1º ciclo de EP explicaron polo miúdo as características do cangrexo de río e como a bactería que porta e letal para o cangrexo autóctono. 

👉O caso da avispa asiática foi tratado polo alumnado do 2º ciclo de EP.  Comentaron como era o seu aspecto e as diferenzas co avispón e como actúa como depredador masivo da abella, sendo un grave problema para apicultura.

👉 Finalmente, os maiores, fixeron un pequeno resumo da cadea trófica sá que altera o bispo vermello. Unha ave da familia das texedoras que compite co pardal por sementes e brotes, que ten unha capacidade de adaptación moi boa e causa graves problemas nos humedais.


30 De Xaneiro; compromiso, empatía e responsabilidade

Bo traballo!!


luns, 19 de xaneiro de 2026

Grafismo con elementos

 ...como é o seu corpo? é suave? que cores teñen? quedan sen pelo?

E así xorde unha actividade de grafismo con distintos elementos para representar o corpo dalgúns deles.

Plumas, algodón, papel celofán, cartolina, lá...

🐦 plumas de moitas cores ou só de unha.

🐑 Pelaxe suave 

🐅 a raias ou con manchas

🐟 pel fría ou quente

🐕 renovan a súa pelaxe?

Representación do corpo dos animais, ao miúdo.





Quedou exposto no corredor da biblio!!

Que animalada de contos!!

 O alumnado de Educación Infantil está a facer un gran traballo cos contos que teñen como protagonistas animais🐅🐄🐃🐍🐙🐞🐟🐨

E será por contos, na Casiña de Faiuco hai unha morea deles😀

Remataron o primeiro trimestre con grandes historias de animais na cabeza, uns que fan as mellores sopas, outros que viven aventuras, outras que desaparecen no camiño, uns que viven en lugares moi fríos outros na selva, uns que se extinguiron ... 

Ah!! por suposto tamén traballaron con libros divulgativos para saber máis dos animais; como viven, de que se alimentan, como é a súa boca, o seu corpo, a quen temen, como se camuflan...

Entre eles, "Adivina lo que como" que nos abriu as portas á alimentación dos animais e nos permitiu coñecer máis a algúns deles, en concreto aos coellos, ratóns e osos.




Tamén había menús moi suculentos😋

Deixamos por aquí algunha foto da actividade👀




E seguindo coa mesma dinámica, imos coñecer máis as nosas mascotas de aula: Nuba, Repincho e Chispitas

De que se alimentan? Como é o seu corpo? Que lles gusta facer?


Velaquí, o caso de Chispitas 

Cada neno/a debuxou o esquío e anotou o que investigamos. Tomamos como referencia o que contaron as familias na mochila viaxeira, o que sabíamos dos contos e máis o que observamos na contorna.




Moi bo traballo nenos/as 👌

venres, 16 de xaneiro de 2026

Reto 2 de Faiuco

O noso polo creativo segue activo e Faiuco propón outro reto máis, desta vez achegámonos aos circuítos🔌 

O obxectivo desta actividade é que o noso alumnado traballe, dun xeito manipulativo e adaptado a súa idade, o concepto de circuíto pechado.

No caso de EP os escolares traballarán cos kits reais que temos no noso polo, e no caso de EI axudarémonos das pezas Lego para que sexa máis visual a actividade.

Para este reto debemos ter presente o seguinte:

Un circuíto eléctrico é un camiño polo que circula a electricidade.

 Para que funcione:

👉 Ten que estar pechado, sen cortes.

👉 A corrente sae polo polo positivo, percorre os compoñentes, e regresa polo polo negativo.

👉 Se algo queda mal conectado, a corrente non pode volver ao inicio e o circuíto non funciona.

Todo isto implica a manipulación de cables, comprobación de luces leds, interruptores, motores... por iso este reto  desenvolverémolo nas sesións lectivas coa mestra.

Para adaptar a actividade, que todos os nenos e nenas poidan participar e comprender os conceptos, creáronse  cinco historias nas que hai que axudar aos personaxes a crear os seus camiños.

Todo listo na Casiña de Faiuco para comezar a traballar 👌


Nos vindeiros días amosaremos o proceso deste reto 2

xoves, 8 de xaneiro de 2026

Xornadas Radio na Biblio

 Radio Corpiño seleccionado para participar nas Xornadas de Radio na Biblio📻

O alumnado de 5º e 6º tivo a honra de asistir, o pasado 18 de decembro, a primeira convocatoria desta xornada na que compartiron co alumnado doutros centros unha mañá radiofónica.

A intención deste encontro é poñer en valor o traballo que o alumnado fai nas emisoras dos centros, empregando este recurso como unha ferramenta formativa máis.

Os escolares puidoron asistir aos seguintes talleres: teatro radiofónico, laboratorio de radio e locución e expresión oral. O noso alumnado participou no taller de laboratorio de radio, xunto co alumnado do colexio de Rianxo, sesión que dirixiu Susana Bastón.


Pero, tamén tiveron a oportunidade de asistir a entrevistas, feitas por nenos e nenas, ao conselleiro Román Rodríguez, a xornalista Esther Estévez, a deportista Teresa Portela ou a profesionais do sector da radio como Ignacio Capeáns de Onda Cero, Andrea Oca de Radio Nacional, Kike Magnalena de Radio Galega...entre outros.


Foi todo un pracer participar e representar, xunto cos escolares do CPI Virxe do Monte de Cospeito, as bibliotecas da Microrrede de Bibliotecas escolares da Terra Chá.




venres, 19 de decembro de 2025

Festa de Nadal

Antes de irnos de vacacións, o 19 de decembro gozamos dunha xornada ben entretida🎉: Entre actuacións💂, música 🔉, cine🎥, estreas de anuncios 📣 e badaladas da sorte rematamos este primeiro trimestre.



Co pallaso Peterpunk rimos e rimos😆, unha actuación para non pestanexar. Velaquí un anaquiño da sesión en fotos.













E non podía marchar da escola sen pisar os estudios de Radio Corpiño 📻

Pinchade no enlace, xa que a entrevista merece moito a pena. Mouta, Uriel, Hugo F, Serafín, Xián e Luz fixeron un traballo espectacular👍




Logo, reunímonos na biblioteca para unha nova sesión de "Cine na Biblio" desta vez coa curta "Los tipos malos: una Navidad muy mala.


E aproveitando a nosa reunión fixemos entrega dos premios dos concursos que propuxo A casiña de Faiuco durante este primeiro trimestre.
Noraboa a todas e todos os gañadores.


Concurso do Samaín: Animais terroríficos


Mes da ciencia: Fototrampeo

Tamén houbo tempo para escoitar os desexos dos nenos e nenas de 5º e 6º 💖 para este Nadal; así como de visionar o noso anuncio para lembrar que ningún animal debe ser un agasallo. E por si fora pouco, algúns nenos e nenas da escola de música tocaron en directo para todos nós👏👏👏

E finalmente, rematamos a xornada coas badaladas