martes, 10 de maio de 2016

Buscamos unha estrela moi especial!



Durante o Nadal, Faiuco fíxonos chegar outra carta dende o espazo, a través dun dos seus emisarios. Dicía o seguinte: 


Hola nenos e nenas!

Son o voso amigo Faiuco de novo!

Sigo de viaxe polo espazo. Pronto comezarei a coñecer os diferentes planetas, o sol e a lúa. Pero antes necesito que me axudedes a resolver unha dúbida.

Dende a miña nave podo ver todas as estrelas, pero fai pouco tempo vin unha cousa moi curiosa.  Tres señores subidos nuns animais moi extraños perseguían unha desas estrelas, unha moi fermosa e especial.

Propóñovos a primeira misión: Saberiades dicirme quenes son eses 3 señores? Como se chama a estrela que perseguen? E por que a perseguen? Podedes axudarme a descubrilo? Coa axuda da vosa profe procurade información sobre ela en libros ou en internet e axudádeme a resolver as miñas dúbidas.

Sei que a próxima semana ides visitar o Belén de Begonte e ao parecer esa estrela vai a estar agochada alí. A ver quen é o intrépido aventureiro/a que a atopa primeiro! Dicídelle aos profes que lle saquen una foto e que a envíen a miña dirección de correo electrónico: faiuco@trasnodebegonte.com.

Pronto volveredes a ter novas miñas!

Quérovos nenos e nenas!

Un saúdo!


Faiuco


Axiña acudimos á biblioteca do cole e puxémonos a investigar nalgúns libros e tamén en internet. Averiguamos que esa estrela da que falaba Faiuco é a Estrela de Oriente, máis coñecida por ser a estrela que seguían os Reis Magos para chegar ao portal de Belén, segundo a tradición cristiá.



Descubrimos ademais que algúns astrónomos como o alemán Johannes Kepler cren que o avistamento desa estrela foi en realidade unha conxunción planetaria entre Xúpiter e Saturno. Outros como Michael R. Molnar identificaron a Estrela de Oriente como unha dobre ocultación de Xúpiter tras a Lúa e, incluso, coma un cometa.

Uns días máis tarde saímos do cole e camiñamos rúa abaixo para visitar o famoso Belén electrónico da nosa vila, que por certo, xa é Festa de Interese Turístico Galego. Sería certo que a Estrela de Oriente estaría alí tal e como dixera Faiuco? Que gañas tiñamos de descubrilo!


Xa no Centro Cultural José Domínguez Guizán, puidemos volver a admirar a beleza do Belén con todas as súas figuriñas en movemento e atopar a Estrela de Oriente, completando así a misión que nos encomendara o noso amigo Faiuco.






Ningún comentario:

Publicar un comentario