venres, 6 de maio de 2016

Comezamos a transformación da bilioteca!



A biblioteca é o centro de operacións do noso Proxecto Documental Integrado deste ano, chamado "Faiuco é Astronauta".

Fai uns meses, Faiuco encargounos a nosa primeira misión a través dunha carta que nos fixo chegar dende o espazo. Pediunos que transformásemos a nosa biblioteca nun planetario, de tal maneira que, ao atoparnos dentro, poidamos imaxinar todo o que él está ollando e descubrindo dende a súa nave espacial.

E nós, coa axuda dos nosos profes, puxémonos mans á obra!





Moi pronto, traballando así de ben en equipo, terémola lista! Veredes que bonita!

Ningún comentario:

Publicar un comentario