Visita ao museo MIHL, museo interactivo da historia de lugo
domingo, 24 de outubro de 2021
Conmemoración do Día das Bibliotecas Escolares
24 de outubro
En 1997, a Asociación española de amigos do libro Infantil e xuvenil en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, propón celebrar o Día das Biblioteca o 24 de outubro, para concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos bibliotecarios e bibliotecarias.
Se queredes saber máis do por que se celebra este día, clicade no seguinte enlace:
No noso cole fixéronse distintas actividades,
o alumnado de 5º de EP investigou sobre as bibliotecas do mundo.
Os nenos e nenas de 2º de EP recomendaron os seus libros favoritos.
No curso mixto de 3º e 4º imaxinaron a súa futura biblioteca, describírona e ilustrárona.
Os peques de 6º de EI traballaron co libro "A montaña máis alta do mundo" e fixeron a súa propia.
Bibliotecas Escolares
Festexando o Día das Bibliotecas escolares, iniciaron a súa viaxe as "maletas e bolsiñas viaxeiras".
O pracer de compartir lecturas en familia!
sábado, 23 de outubro de 2021
De visita por Lugo!
Os nenos e as nenas de 5º e 6º curso de EP visitaron unha libraría da cidade de lugo, interactuaron cos libros e coñeceron ao escritor Jorge Campanari.
Toda unha experiencia!
venres, 22 de outubro de 2021
xoves, 21 de outubro de 2021
A arte en Educación Infantil!
Os nenos e nenas de 5º de EI ilustraron un verso da autora ana maría fernández "versos de tarde laranxa" relacionado co día das escritoras e coas cores do outono.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












