domingo, 12 de decembro de 2021

#DíadosDereitosHumanos

 10 de decembro 


Nesta data celébrase o Día dos Dereitos Humanos, coincidindo co aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que se aprobou no ano 1948.

 Que son os dereitos humanos?

Son os dereitos que pertencen a todos os seres humanos sen importar a súa raza, sexo, nacionalidade, lingua, relixión, orixe étnica ou calquera outra condición.

Hoxe en día, existe unha lista de dereitos humanos creada pola Organización das Nacións Unidas (ONU), onde se defende o dereito á vida, á liberdade, á educación, ao traballo e moitos outros máis, que deben ser respectados sen que exista discriminación algunha. Son máis de 30 dereitos!

O lema deste ano 2021, é a igualdade.

A igualdade, a inclusión e a non discriminación son un enfoque do desenvolvemento baseado nos dereitos humanos e é a mellor maneira de reducir as desigualdades cara a consecución dos obxectivos da Axenda 2030.

Trátase de construír sociedades mellores, máis xustas e máis ecolóxicas! Tal como nos conta Faiuco nas súas propostas!

Neste vídeo podes entendelo moito mellor!


E lembra que é responsabilidade de todos e todas, traballar por unha sociedade mellor e para iso podes contribuír achegando a túa opinión e compartíndoa no blog de Faiuco baixo o cancelo #DíadosDereitosHumanos

                         
A túas achegas e ideas tamén contan e axúdannos a facer un mundo moito máis xusto!

sábado, 4 de decembro de 2021

Por unha escola inclusiva

 3 decembro

Conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Xornada de reflexión coa intención de promover a comprensión dos límites das persoas con capacidades diferentes


actividade na aula de 4 anos


actividade na aula de 5º de EP


Xunt@s por unha escola inclusiva!


xoves, 2 de decembro de 2021

Por unha alimentación sa!


A partir do luns 13 de decembro comezamos co "Día da froita". 



Os luns e mércores traeremos para a merenda, unha froita!
conscientes de promover xunto ás familias os hábitos
 saudables, iniciamos esta nova campaña.
 



Os ollos de TEA


A través destes pequenos lentes, os nenos e nenas de 1º e 2º de EP puideron experimentar unha dobre experiencia dun mesmo relato. 


traballando a empatía!


Campaña "Nadal para tod@s"

 Un ano máis, o noso cole participa co Concello de Begonte na campaña NADAL PARA TOD@S en colaboración con aquelas familias da nosa contorna que están a pasar dificultades económicas.



 GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!